Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A feira do libro da rúa Castelao da paso á actuación de Treixadura e das corais

O programa das Letras Galegas inclúe o concerto do grupo local Os Firrás

A feira do libro celebrada onte na rúa "catorse". // Muñiz

O Grove participa nun programa de actos ó redor do Días das Letras Galegas que se vai extender ata o día 25, cando o grupo local Os Firrás vai ofrecer un concerto na praza do Corgo. Xa comenzou fai días e onte destacou pola celebración na rúa Castelao da xa tradicional Feira do Libro, con exposición e venta a cargo dos libreiros mecos.

Para hoxe anúnciase un concerto a cargo do grupo Treixadura, o cal vai dar comenzo ás 22.00 horas na praza do Corgo.

E mañán hai outro acontecemento importante, como é o concerto de corais que organiza a Coral Polifónica da Confraría de Pescadores San Martiño.

Vai ser na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei a partires das oito do serán, con actuación desa mesma coral, do seu coro infantil e da Coral A Raíña, do centro cultural de Cedeira-Redondela.

As actividades ó redor da Festa das Letras vanse retomar o vindeiro venres cun contacontos a cargo da compañía Polo Correo do Vento que se titula "O misterioso caso de Antón Fraguas", o cal se vai ofrecer na Biblioteca Municipal do Grove desde as seis do serán.

Tamén se celebra a Festa das Letras en diferentes establecementos da localidade. Entre eles a tapería O 48 da Platería, onde usan frases empregadas dende sempre polo avós para dar nome a distintos receitas. Os pementos de Padrón, por exemplo, preséntanse na carta como "O que ten cú, ten medo".

O Quinteiro de Temperán

No centro de interpretación da cultura Agraria O Quinteiro de Temperán ,en Cacheirás (San Vicente), a festa das letras, do idiona e da cultura de Galicia vívese permanentemente. Aínda que nestes días faise dun xeito moi especial, organizándose diferentes actividades para tódolos públicos.

Entre elas unha exposición fotográfica sobre o mundo rural, pertencente a Emilio Arauxo e outra sobre o traxe tradicional de Galicia, ademáis dun obradoiro de cestería, actividades para os cativos e a proxección de documentais como "Galicia" e "Nuestras fiestas".

Compartir el artículo

stats