| O Concello de Ribadumia celebrou onte distintas actividades co gallo das Letras Galegas. Unha delas foi a terceira edición da Festa da Bicicleta, organizada en colaboración coa asociación Festeiros de Leiro. O percorrido foi de 10 quilómetros. Xa pola tarde, tivo lugar no Auditorio a gala "Ribadumienses en prol do galego" e o concerto de Luar na Lubre.