Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

As velas tradicionais arrincan a tempada cunha homenaxe á lingua galega no peirao da Illa

A Arousa volveu a amosar a cultura mariñeira que posúe, nunha xornada marcada pola lembranza aos escritores galegos

O galeón "Rei do Mar" embarcou a moitos curiosos no Xufre. // N. P.

O Día das Letras Galegas é unha xornada sinalada para todos os membros da Escola de Navegación Tradicional da Illa de Arousa, xa que, ademáis de homenaxear ao ben cultural máis importante que posúe Galicia, a súa lingua, comeza de maneira oficial a tempada de navegación. Onte non foi unha excepción, e a pesares de non contar con ningunha embarcación para o seu bautizo de mar, nas augas do peirao do Xufre estaban presentes os barcos máis importantes que posúen as entidades de defensa do patrimonio marítimo que hai na Arousa, os galeóns. Ao seu redor, varias dornas polbeiras tamén participaron nesta primeira navegación que levou a todos os barcos desde o peirao do Xufre ata o canal da ría de Arousa, antes de regresar ao punto de partida. Como mariñeiros non só ían os patróns das embarcacións, se non tamén moitos dos que se achegaron a festexar no peirao do Xufre unha xornada tan especial para a cultura galega.

Mentres os barcos navegaban por unha ría de Arousa en condicións espectaculares para iso, en terra a asociación cultural e deportiva Dorna impulsaba unha serie de actividades, entre elas, os bailes tradicionais galegos que puxo en escea a agrupación de baile da que dispón esta entidade, unha das máis numerosas da comarca.

Compartir el artículo

stats