A cultura de Portas estará sobre o escenario do Auditorio da Azucreira no espectáculo homenaxe a Antonio Fraguas, "Amantes da Terra", que chega á Festa da Dona este domingo. A Banda de Música Unión de Lantaño é unha das formacións artísticas que dan vida a este proxecto creativo e de homenaxe ao intelectual Antonio Fraguas. Os seus músicos están entre os 130 artistas que lle dan vida a "Amantes da Terra". Ademais, unha das cacións que se estrean durante o espectáculo, "O Rostro de Galicia" enxalza a figura de Domingo Fontán, o intelectual de Portas que desenvolveu o primeiro mapa topográfico de Galicia.

Sobre o estaribel estarán, ademais da Banda de Música Unión de Lantaño, Andrea Pousa e o Bruxo Queiman, o grupo de gaitas e baile da Asociación Cultural Foula de Cerdedo-Cotobade e as voces das corais Vales Mahía (Bandeira) e da de San Salvador de Camanzo (Vila de Cruces).

Traxe galego

Na construcción de "Amantes da Terra" ten unha especial importancia o traxe galego. Así que cando se refiren ás vestimentas que se empregan sobre o escenario, Queiman e Pousan aproveitan para explicar que a partir da obra de Antonio Fraguas "Amantes da Terra" propón ideas para a "construcción do futuro".