Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Dornas, música, teatro e historia dan lustre ao Día das Letras na Arousa

O Concello conta coa colaboración de todas as entidades culturais da vila

Presentación das actividades do Día das Letras 2019 na Illa. // N. P.

As Letras Galegas collerán protagonismo dentro da programación cultural da Illa de Arousa a partires da vindeira semana. Farano con todo tipo de actividades, desde a música da cantante cambadesa Pauliña ata a das corais, pasando polo teatro ou polo bautismo de mar que reciben as dornas cada 17 de Maio. A edil de Cultura no Concello da Illa, Rosi Viana, presentou onte as actividades que vai acoller a Arousa escoltada de representantes de todas as entidades culturais que colaboran neste programa, desde a Escola de Teatro Municipal ata o colexio Torre, pasando por a asociación Dorna.

A primeira actividade vencellada ás Letras Galegas este ano terá lugar mañá no Auditorio, onde ás 20.00 horas comezará o Encontro de Corais que organiza o colectivo que existe na Arousa. Neste encontro, ademais da agrupación local, participarán Queixumes de Hío, Coral de Mera e Malvaloca de Madrid, que cantarán algunha composición en galego e aproveitarán a súa estadía na Illa para grabar un disco.

O venres 10 será a presentación dun libro moi agardado, o da Historia do Céltiga, o equipo de fútbol da vila co que todas as familias da Illa tiveron ou teñen algún tipo de proximidade. O libro comezou a escribilo Alejandro García, pero unha grave enfermidade impediulle rematalo, traballo que acometeu nos últimos anos Juan Luciano Otero Besada "Genito", que non dubidou en recoller o testemuño que lle deixou o seu compañeiro e amigo. Ese mesmo día, a Escola de Teatro porá en escena dúas obras, xusto na véspera de que cheguen á Arousa o grupo de Teatro Infantil Cartoons. O Martesa será o turno de Pauliña no Auditorio, actividade que organiza o colexio Torre co obxectivo de crearlle referentes que empreguen a lingua galega aos rapaces. As actividades rematarán coa presentación dun libro de Fernando Salgado e co bautizo de mar no Xufre as novas Dornas da Illa.

Compartir el artículo

stats