O Concello de Valga celebrou esta mañán a sétima edición da "Festa da Matanza Tradicional", organizada en colaboración coa asociación Amigos do Belén e na que se mata o porco como se fixo ó longo da historia. Reuniu a máis de douscentos veciños e tamén moitos visitantes no patio do colexio Xesús Ferro Couselo, en Cordeiro.

Dende as once da mañá recreouse paso a paso a matanza tradicional do porco a cargo dos veciños, co acompañamento da música tradicional do grupo Algueirada, de Pontecesures.

Mentras, outro grupo de persoas preparaban os produtos que ao mediodía se ían degustar no xantar popular, cun menú estivo composto por produtos típicos da mantanza como rixóns, zorza, cocido, bolos do pote e callos. De postre servíronse pudin de morcilla e filloas, acompañados de café e caña, todo elo cun precio de 10 euros por persoa.

Antes da comida tamén se fixo a poxa dun porco que acadou os 122 quilos de peso e que foi adquirido por 500 euros.