O BNG de Sanxenxo presentou a súa candidatura ás elecciones municipais do vindeiro mes de maio e que estará encabezada pola exconcelleira de Cultura e Educación Sandra Fernández Agraso.

Os nacionalistas escolleron o mirador de Caneliñas para dar a coñecer o nome das 16 persoas e 3 suplentes que acompañarán a Sandra Fernández Agraso nunha candidatura que conxuga renovación, veteranía, mocidade e experiencia e na que tirou de simbolismo ao reservar o último posto da lista para o actual portavoz do grupo municipal do BNG, David Otero.

Fernández Agraso explicou que se trata dun grupo de persoas con "capacidade de xestión, formadas, con ganas e ilusión, preparadas para gobernar Sanxenxo e iniciar unha transformación real para a nosa veciñanza e garantir unha mellor calidade de vida". A candidata nacionalista definiu o seu equipo como "unha candidatura en positivo, con persoas formadas, capaces e participativas".