Dous centos de rapaces do IES de Valga e doutros centros da contorna asistiron onte á representación teatral "Language Planning", dos Quinquilláns, no Auditorio desa localidade. A obra é unha adaptación de "Made in Galiza" de Sechu Sende, centrada na situación sociolingüística de Galicia. O espectáculo destacou por ser unha montaxe participativa con carácter cómico e retranqueiro, empregando a risa como ferramenta para tratar distintos aspectos a lingua galega e do seu uso cotiá.