Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O BNG di que as melloras viarias en San Vicente son froito do seu programa

Os nacionalistas felicitan ó deputado de Mobilidade

15

La nueva carretera de San Vicente de O Grove

O BNG do Grove, con David Torres como voceiro, amosa a súa ledicia pola mellora da estrada da igrexa de San Vicente e pola obra que está a piques de comenzar para poñer unha rotonda na zona das Lampáns.

Pero ó mesmo tempo di que estes traballos son froito do seu programa e da súa xestión, tanto no Concello como na Deputación de Pontevedra.

Os nacionalistas mecos coidan que todo esto foi posible polo seu traballo, e sobor de todo polo que levou adiante o deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez.

"Queremos expresar o noso agradecemento ao departamento de Mobilidade que dirixe o BNG nas mans do deputado Uxío Benítez pola obra de calmado do tráfico e seguranza para os peóns que se dirixen ás praias e ao entorno da igrexa parroquial de San Vicente", sinalan.

Recoñecen que "é unha obra que, como todas, se podería facer mellor se houbese cesións por tódolos vecinos", pero coidan que "mirando o conxunto pódese decir que da unha nova imaxe de calidade á zona, primando a seguridade dos viandantes diante dos vehículos".Goberno na Deputación

Deste xeito o BNG destacar que "aínda que o noso grupo non gobernou nestes case catro anos no Grove, si foi quen de levar adiante varios puntos do noso programa electoral grazas a que si gobernamos na Deputación de Pontevedra, e esta estrada é un deles".

O outro punto do que fala o BNG é "a rotonda no cruce das Lampáns, que se vai facer unha realidade grazas ao traballo dos nosos concelleiros Heladio Outeiro e David Torres, pois mal que lle pese ao noso alcalde e ao seu equipo de goberno, saben que estas obras son realidade grazas ao compromiso que o BNG ten co Grove e cos seus vecinos".Enfadados co alcalde

Hai que decir tamén que os membros do BNG están enfadados co alcalde, José Cacabelos, porque "para que esta obra se fixese realidade e convencer ao deputado nacionalista Uxío Benítez para levala a bo término, foi quen de convidarnos para visitar a antiga estrada co deputado, pero para a inauguración non tivo a lealdade institucional de convidarnos".

Esto é porque Cacabelos "só pensa de maneira electoralista, e só hai que ver a actividade que teñen as redes sociais do Concello a uns meses das elección".

Compartir el artículo

stats