Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tribuna libre

A Salomé e Lourdes

Cando Salomé Peña chegou á alcaldía de Ribadumia no verán de 2001 foron moitos os que dubidaron da súa capacidade. Certo que era xoven e con escasa experiencia política, pero o talento, a capacidade, a honestidade, a humildade, a sensibilidade, o compromiso, a educación, o rigor e a calidade humana xa viñan de fábrica. Con Salomé temos a clara demostración de que un bo político é aquel que traballa sen descanso por e para os cidadáns, sempre con boas palabras, sempre sensible ante os problemas e incluso as críticas. Salomé é por encima de todo unha excelente persoa. E resulta que, ademáis, demostrounos durante case 20 anos que é unha extraordinaria alcaldesa.

Salomé é, sen ningún lugar a dúbida, a alcaldesa que lle deu un xiro de 180 graos á historia de Ribadumia. Un avance sen precedentes en todos os ámbitos da vida municipal.

Agora que te despides da vida pública, como compañeiro político, como amigo e como veciño quero darche as gracias. Gracias por darnos tanto a cada un dos ribadumienses. Por facernos sentir orgullosos de ser de donde somos. Deixáchesnos un concello modélico ó que todos miran con asombro e que é sana envexa para aqueles que nos coñecen.

Tes motivos de sobra para botar a vista atrás e sentirte especialmente orgullosa. E máis tendo en conta todas as dificultades. Viviches a etapa máis convulsa da historia política de Ribadumia. Sufriches ataques inxustificados e tiveches que lidiar con insultos e ameazas de todo tipo. E o que atoparon en ti foron respostas enérxicas pero desde os argumentos políticos.. Gracias Salomé. Gracias sobre todo por ser como eres. A política non te cambiou. Que tampouco o faga o tempo!!

E Salomé con Lourdes Ucha forman parte dunha xeración de mulleres case pioneiras na comarca e tamén en Galicia. Non foron as primeiras alcaldesas pero sí marcaron un antes e un despois na política municipal cunha decidida participación da muller tamén desde os postos de mando. Xóvenes, altamente capacitadas, honestas, humildes e moi comprometidas. Este é o caso tamén de Lourdes Ucha, alcadesa de Meaño que tamén deixa a vida pública logo de facer un extraordinario traballo como rexedora municipal do seu concello, dando continuidade á magnífica xestión que realizara o querido e finado Jorge Domínguez.

Compartir el artículo

stats