A asociación cultural Os Penoucos, do Concello de Valga, anuncia que mañá a partires das seis da tarde vaise presentar na Casa da Cultura de Pontevalga o libro "A invención da Gallaecia e a minaría do ouro. Unha tese sobre as orixes de Galicia", escrito por Óscar Pazos Rodríguez. Vai participar o autor para explicar como a "Gallaecia" se converteu "na gran mina do ouro do Imperio Romano", e tamén se falará sobre os indicios da minaría do ouro no Baixo Ulla.

Cómpre ter en conta que "o gran ciclo mineiro do ouro galaicoromano amorea unha chea de interrogantes arqueolóxicos, mineiros e xeolóxicos por resolver", explican na empresa editora deste traballo, Aterra Libros.