Este domingo Fátima Isabel Rey Blanco (Cambados, 1983) presenta en Catoira o seu último libro, "Memorias da árbore da noite triste". É una gran obra de teatro para ler que recrea os mundos reais e imaxinarios de Valle-Inclán, converténdose deste xeito nun texto dramático no que revive as horas derradeiras do gran dramaturgo.

A presentación vai dar comezo ás 12.00 horas na Aula Celso Emilio Ferreiro (Edificio Multiusos), onde estará acompañada pola concelleira de Cultura, Purificación Quintas.

É o seu primeiro libro teatral, logo de anos de achegamento á escrita e á vida e obra de Valle-Inclán, e despois de centos de actuacións no mundo da escena.

Fátima Rey é una actriz, directora e profesora de teatro que cursou a carreira de Arte Drámatico en Madrid e voltou para desenvolver en Galicia a súa profesión. A súa labor docente e divulgativa foi moi intensa dende os seus inicios artísticos, espallada por centros educativos, asociacións de pais e nais, e colaborando con diversas entidades e institucións.

A escritora foi directora da Escola de Teatro Valle-Innova (Fundación Valle-Inclán), directora da Escola de Teatro Municipal de Catoira (Úrsula Teatro) e da Semana do Teatro da Romaría Vikinga. Creou a súa propia compañía teatral, Tatana Teatro.