O Concello de O Grove anuncia unha nova actividade navideña: "Cartas aos Reis Magos".

Presenta un modelo de cartas "moi orixinais" que foron diseñadas polo artista local e creador de videoxogos Anxo Rodríguez Domínguez "que amosan a uns Reis Magos bibliófilos avanzando cara O Grove, por diante do mar, lendo libros en galego".

Deste xeito quérese "fomentar a lectura e o uso do galego".

No Concello din que "as cartas veñen de ser repartidas entre toda a rapazada nos centros de ensino da vila xunto cos carteis que indican cando e onde depositalas".

Engaden que "o Carteiro Real visitará a Biblioteca do Grove o día 2 de xaneiro a partires das 16.30 horas e á Casa da Cultura de San Vicente o día 3 de xaneiro para recoller esas cartas coas peticións e desexos de toda a rapazada da vila".

Cómpre sinalar que se "instalou unha caixa do correo na Biblioteca Municipal do Grove para que todos aqueles que non poidan acudir os días do Carteiro Real teñan a oportunidade de deixar as cartas a traverso dunha canle directa coas súas Maxestades de Oriente".