A afluencia masiva ás praias neste Día da Patria Galega está provocando problemas de circulación en varios puntos da rede viaria das Rías Baixas. Ao igual que en datas recentes, a vía que comunica co arenal da Lanzada presentaba este mediodía un importante colapso.

As retencións, segundo explicou un dos conductores afectados que se atopaba no lugar ás 13:20, comezaban na rotonda na que acaba a AG-41 e distribúe o tráfico ben cara Sanxenxo, ben para O Grove. Dende ese punto, hai uns 7 kilómetros ata a praia da Lanzada.