| Defender o patrimonio cultural que representan as embarcacións tradicionais e a construcción naval en madeira. Eses foron dous dos obxectivos marcados nas xornadas de traballo tituladas "As Salgadeiras". Estiveron organizadas pola asociaciónb Amigos do Espazo Museístico das Salgadeiras de Moreiras, que preside Miguel Pérez, e celebráronse o venres e o sábado no Museo da Salazón do Concello do Grove.