O "Concerto Coral das Letras Galegas" da Coral Polifónica Confraría de Pescadores San Martiño do Grove vaise celebrar o día 27, desde as 20.00 horas. Vai intervir a devandita formación, pero tamén o seu coro infantil e a Coral Polifónica Municipal da Illa de Arousa.

Este concerto vai servir tamén para seguir celebrando o 50 aniversario da coral grovense.