O Ateneo Vikingo organiza hoxe en Catoira, con saída ás 10.30 horas dende Campo Subido, a "II Andaina Popular". Ten un percorrido circular polos Muiños de Vento, Lagoa de Pedras Miúdas e a beira do río Ulla, establecéndose un avituallamento nas Torres do Oeste.