O festival Revenidas xa ten datas para celebrar a súa próxima edición: do 17 ao 19 de agosto. Trátase dun festival único, vencellado ás tradicións, que combina á perfección espazos de balde para o lecer de familias e de todos os públicos, cunha programación musical que inclúe importantes bandas internacionais, estatais e galegas e que, neste 2018, celebra os 15 anos do seu nacemento.

O modelo de combinar actividades de balde para público familar con concertos de pago seguirá sendo a base desta festa galega, que continúará na súa liña de explorar novos espazos con actividades vencelladas á vila e ao entorno no que se celebra. Na pasada edición, as 50 horas de música e actividades programadas pola organización nesta vila de 2.000 habitantes viuse reflictida nun impacto económico duns 1.400.000 euros, ademais dos 700 postos de traballo que xerou o festival (200 directos e 500 indirectos), que amosan o esforzo que hai detrás dos escenarios, espazos e actividades do festival.

Nas próximas semanas, o Revenidas fará públicos os nomes das primeiras bandas que conformarán o seu cartel para 2018 e que celebrarán os 15 anos do Festival das Linguas.