A asemblea que celebrou onte a asociación cultual e deportiva Dorna da Illa, respaldou por unanimidade dos presentes a única candidatura que se presentaba ás eleccións, a que encabezaba Salvador Allo, que continuará ao frente da entidade dous anos máis.

Allo estará escoltado por integrantes de todas as seccións que acolle no seu seo a asociación. Así, como vicepresidente terá a Carlos Agra Vidal; o posto de secretario está ocupado por María Teresa García Oubiña; e o de tesoureiro por Francisco Ramón Vázquez García.

A nova directiva complétase cos vogais Avelino Dios Cores "Faber", Manuel García Poza, Carlos Miguel Chaves Otero, Rubén Abal Cores, Covadonga Dios Cores, Víctor García Vidal, Guillermo Montero Vázquez e Manuel Ángel Guillán Gómez. Dorna é unha das entidades máis importantes da Illa, pola gran actividade cultural que xera, centrada, sobre todo, na cultura tradicional.