30 de abril de 2017
30.04.2017

Cabodano do pai Isorna

O cura galeguista tivo unha longa vida na que defendeu a lingua da sua terra na eirexa e nos medios de comunicación

30.04.2017 | 03:30
O Pai Isorna nunha foto cedida pola sua familia. // FDV

Xa vai un ano dende a morte do pai Isorna e os galeguistas quixeron asistit ao acto que onte se celebrou no seu pobo natal para rendirlle unha homenaxe por contribuir a espallar a lingua e a cultura de Galicia en tantos anos da sua vida.Ao acto asistiron varios membros da sua familia onte mesmo pola mañá, explica o autor do artigo.

Fai xa un ano que nos ten deixado o noso benquerido e por sempre lembrado "Padre Isorna", un sacerdote de ben. Fai xa un ano que non está entre nós aquel frade humilde bo e xeneroso, que formaba parte da Orde dos Franciscanos, fundada no ano 1920 por San Francisco de Asís baixo a observancia da regla da pobreza.

Fai xa un ano que non podemos contar coa presencia física do "Padre Isorna", persoa comprometida ao longo de toda a súa vida na defensa dunha Igrexa para os máis necesitados, unha Igrexa do pobo para o pobo, galega, apostólica, romana e compostelana; ademáis de comprometida coa nosa historia, a nosa cultura, e tamén a nosa língua; o que lle valeu o feito de pasar a ser dende o ano 1961, membro correspondente da Real Academia Galega.

Misa en galego

Fai xa un ano que se apagou a voz daquel franciscano de estatura pequena, pero dun corazón xigante, cun sorriso permanente nos seus beizos e unha faciana sempre leda,que chegaba puntual a traveso da pantalla da Televisión de Galicia (TVG) nas mañáns dos domingos.

A todas aquelas persoas que tiñan necesidade de escoitar a Verba de Deus e, que por un ou outro motivo, non podían estar presentes fisicamente na Liturxia da Santa Misa.

Fai xa un ano que nos deixou, que non está entre nós aquel home defensor da identidade galega, e que xunto a Manuel Beiras García e Xosé Mosquera Pérez, foron quen de convencer no ano 1965 ao cardenal Quiroga Palacios,para que autorizara o facer a Misa de Rosalia de Castro en língua galega.

E tamén o que marcaría un antes e un despois no uso do galego nos actos relixiosos do noso país, O "Padre Isorna" -como xa teño dito en outras ocasións- pertence xa para sempre "á Santa Compaña dos inmortáis", a ese exército de homes e mulleres "bos e xenerosos" que pasaron por este mundo facendo o ben e loitando a cotio polas nosas xentes e a nosa Terra.

Misa en Valga

O seu exemplo hoxe é máis necesario ca nunca. Por elo,a súa familia, o pobo de Valga que o veu nacer e do que é Fillo Predilecto, e todas aquelas persoas que coma min tivemos a sorte de coñecelo en vida, quixemos lembrar o seu pasamento cunha misa aniversario que se celebrou onte sábado 29 ás 12.00 horas na igrexa parroquial de Santa Comba de Loira en Cordeiro, onde estiveron membros da su familia e tamén galeguistas que lle tiñan moito aprecio.

Ainda que xa vai alá un ano, o "Padre Isorna" segue presente na memoria de moitos que onte se xuntaron no pequena templo de Cordeiro que cobilla os seus restos mortais, baixo un ciprés que moitos anos antes prantara o seu pai e que agora dalle a sombra que refresca a sua defensa da lingua e a cultura galega e baixo o manto da bandeira galega coa que se cubriu o seu cadeleito.

Francisco López "Chesqui" e patrono fundador das Fundacións Castelao, Alexandre Bóveda e Sotelo Blanco, ademáis de secretario xeral do Partido Galeguista

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine