Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

España, ¿Estado federal, confederal...?

O galeguista grovense analiza as distintas visións dun país con diversidade de culturas, linguas e tradicións nun momento de debate sobre a independencia de algúns pobos

En la fundación Penzol se guardan muchas obras de ilustres galeguistas. // FDV

Imos tomar como exemplo de funcionamento dous Estados Federais que os galegos coñecemos ben por ter emigrado a eses territorios, refírome á Confederación Helvética (Suiza) e a República Federal alemana.

Suiza está formada por vinteséis territorios diferenciados entre si, denominados "cantóns", cos seus respectivos gobernos e parlamentos; seis son os chamados semi-cantóns e diferéncianse dos outros vinte, ademáis de por razóns históricas, tamén por linguísticas, políticas etc. Por exemplo, un cantón con 35.000 habitantes só ten dereito a un voto no Parlamento do Goberno Central da Federación, mentras que Basilea con 187.000 habitantes só ten dereito á metade dun voto, neste caso o motivo obedece a razóns históricas. En canto ao exercicio do dereito a secesión dos cantóns, a Constitución de 1874 non contemplaba este suposto, ainda que houbo algún exemplo de división dentro do propio Cantón de Berna, dónde unha parte da poboación na rexión de Jura no ano 1979, tomaron a decisión de separarse de Berna para formar o seu propio Cantón. E no ano 1994 o distrito de Laufeu separouse tamén do Cantón de Berna, para pasar a formar parte do Cantón de Basilea-Campiña.

Nos dous casos e ainda que non existía ningunha disposición na Constitución federal que contemplara a posibilidade de segregación dun cantón, nin o procedemento que se debera seguir dado o caso, os cidadáns da rexión de Jura acadaron os seus obxetivos atraveso dun referéndum, convertíndose no Cantón de Jura.

E no caso do distrito de Laufeu, tamén. O que obrigou a unha revisión total da Constitución en 1999, dictaminándose que para proceder á modificación do número de Cantóns, ou dos seus estatutos, sería preciso someterse previamente non só á aprobación do electorado dos Cantóns afectados, senón tamén ao resto dos cidadáns dos demáis; é decir teríase que votar no conxunto da Confederación Helvética.

Vexamos agora os mesmos supostos na República Federal alemana. Alemania está formada pos dezaséis territorios diferenciados entre sí denominados "Lander", con personalidade xurídica propia, cos seus respectivos Gobernos e Parlamentos.Ainda que todos eles poden asinar calquer convenio internacional, a realidade é que cederon ese dereito en favor do Estado Central Federal, que é quen os representa no estranxeiro.

Todos os lander teñen o mesmo estatus, pero pola contra non teñen o mesmo número de votos no Consejo Federal Central (Senado).Depende da súa influencia por distintas razóns na lexislación da federación; a distribución varía dende os tres votos das cidades-estado (Stadtstaaten) Berlín, Bremen ou Hamburgo, ou ata os seis dos Estados como (Nordrhein-Westfalen). En canto á posibilidade da secesión dun Estado federal ou Lander, a constitución de 1949 e as distintas reformas ata 1990, non recollen esa posibilidade, e máis, unha reforma constitucional en Alemania precisa da aprobación das dúas cámaras (Parlamento e Consejo Federal). A segunda Cámara do Segundo Senado do Tribunal Constitucional, dictou a seguinte resolución "Na República Federal de Alemania que é un Estado-Nación baseado no poder constituinte do pobo alemán, os Estados (Lander) non son amos da Constitución. Polo tanto non hai espacio para que os Estados individuais intenten separarse". Pola contra, sí podería darse a posibilidade - ao igual que en Suiza- de ver ampliado ou reducido un Lander dependendo dos motivos da demanda cidadán.

Tampouco e menos certo que cada día xurden máis voces que din..."que diante da constatación de unha vontade inequívoca da poboación dun territorio de constituir un Estado independente de aquél no que está integrado, debería articularse dende este último as vías adecuadas para facilitar e facer posible ese desexo. Téñense sinalado como exemplo ao respecto os recentes casos de Escocia e Quebéc...."

Queda, penso, suficientemente demostrado, que a consecución dun Estado Federal non garantiza para nada o recoñecemento de Galicia, Euzkadi e Catalunya como nacións diferenciadas dentro do conxunto do Estado Español en armonia cos demáis pobos da Pensinsula Ibérica. Todo vai depender do contido da constitución do Estado e das Constitucións e Estatutos de cada unha das nacións e demáis pobos que conforman o chamado Estado español. Ollo, é que non teñamos que botar mán unha vez máis daquel dito tan popular do país "¡Mexan por nós e decimos que chove!".

* Francisco López "Chesqui" é Secretario Xeral do Partido Galeguista e membro, entre outras, das Fundacións Castelao, Alexandre Bóveda e Sotelo Blanco.

Compartir el artículo

stats