O Concello da Illa conseguíu un aliado importante na organización da tradicional Cabalgata de Reis que se vai a celebrar nese municipio mañá a partires das 17.00 horas. Este aliado non é outro que a asociación cultural e deportiva Dorna, que aportará ao desfile moito máis que as embarcacións tradicionais sobre as que viaxarán as Súas Maxestades.

Esa colaboración consistirá nun espectáculo de animación polas diferentes rúas da vila, moito antes da chegada dos Reis Magos á zona da Laxe. Zancudos, Malabaristas e artistas de circo desfilarán por diferentes rúas do Concello para festexar a chegada dos Reis e animando á xente a acudir ao desfile.

Este partirá das Laxes sobre as 17.00 horas e enfilará a avenida da Ponte ata chegar ao cruce con Castelao. Alí os Reis descenderán das súas carrozas mariñeiras para presentar os seus respectos na igrexa parroquial de San Xulián.

Tras cumprir co protocolo, os Reis dirixiranse cara o auditorio municipal, onde está previsto que se celebre unha gran festa, mentres lle entregan aos nenos que acudan un pequeno agasallo como previa da noite que lles agarda. Música, baile e doces non faltarán nesta festa que fechará as actividades desta xornada.

Colaboración

A asociación Dorna tamén está pedindo colaboración a todas aquelas persoas que teñan un disfraz de romano, árabe ou de calquera outra cousa vencellada a estas datas para que se sumen ao desfile que percorrerá gran parte das rúas da Arousa levando a ilusión aos máis pequenos.