Coñezo a don Antonio dende cando eu era un moziño e visitaba ó meu tio Luis Fraga na súa casa de Nantes, no Concello de Sanxenxo. As circunstancias e os camiños da vida fixeron -ou quixeron- que nos atopáramos de novo 25 anos despois, no intre de tomar posesión como crego da parroquia de San Martiño, na vila turística e mariñeira de O Grove.

Nado en 1941, na parroquia de Santa María de Castro, no Concello de Miño (A Coruña), dende moi novo sinteu a vocación de servir aos demáis e tomou a decisión da súa vida, a de irse a estudar ó Seminario de Santiago. Primeiramente estuda no Seminario Menor de Belvis, e logo pasa ó Maior de San Martín Pinario.

Ordease sacerdote á idade de 25 anos, e de contado noméano responsable da parroquia de Santa Eulalia de Nantes, en Sanxenxo, onde exercerá como pai espiritual dos seus feligreses durante 25 anos, ata que en 1991 a autoridade eclesiástica decide o seu traslado a O Grove, pobo no que ven de cumplir, precisamente nestas datas, outros 25 anos como crego da parroquia de San Martiño e 50 anos totais de sacerdocio.

Imaxínome que a don Antonio non lle sería moi doado asumir a noticia do arzobispado de Santiago cando lle comunicaron o traslado de Nantes ó Grove, posto que estaba totalmente integrado e vencellado á cultura e tradicións daquela parroquia , onde ademáis de crego exercia de cidadán, como un labrego máis, sendo -ainda hoxe- unha persoa lembrada, fondamente querida e respetada polos seus ferigreses. Sei de certo que moitos deles estarán participando das actividades relixiosas e lúdicas que se estan a celebrar na súa honrra.

Non quero nin debo rematar esta pequena e insignificante contribución á figura de don Antonio sen deixar testemuña de dous feitos persoais que teño vivido pero que sen dúbida axudaránnos a entender - aínda máis- á persoa do homenaxeado.

Como sabedes eu fun militante manifesto e activo xunto con outras moitas persoas, coma Boaventura Fernández, Maricarmen Cacabelos, Vicki Fernández ou Manolo Outeda da Asociación de Loita Contra a Droga O Grove-Érguete, conformada sobre todo polas nais daqueles rapaces que estaban afectados pola enfermidade das drogas, a "lacra social" que por aqueles anos acabou coa vida de toda unha xeneración de xóvenes que remataron nos campo santos, moi especialmente nos de moitos Concellos da tía de Arousa. Pois ben, a directiva de O Grove-Érguete, na procura de buscar algunha saída ós rapaces en fase de pretratamento, e por mor de axudalos a concienzarse de que se lograban saír das drogas poderían incorporarse novamente a vida laboral -situación non doada pola incomprensión social do momento- propuxémoslle a don Antonio a posibilidade de que a Igrexa nos axudara a levar adiante unha experiencia piloto que consisitía no cultivo de hortalizas e demáis productos do campo en invernadoiro, para a posterior venda. Pero para elo precisábamos dalguén que estivera disposto non só a cedernos o terreo, senón tamén a asumir que os rapaces eran enfermos e non delincuentes, como os calificaba unha boa parte da sociedade.

Don Antonio non só lles cedeu unha parcela fronte por fronte coa súa igrexa, senón que os axudou e participou xunta eles das súas vivencias ata o remate do proxecto, que foi un éxito namentras durou.

Noutra ocasión e motivado sempre pola súa constancia de axuda ós seus semellantes, tocoume a mín acompañalo a Santiago de Compostela para manter unha entrevista co por aquel entón recén nomeado Arzobispo de Santiago, Monseñor Julián Barrio (ano 1996). Lembrome que mantivemos varias xuntanzas entre nós, falando da necesidade que tíñamos e temos no Grove dunhas instalación adicadas á mocidade, chegando á conclusión pola súa banda de que a Igrexa tiña terreos nos que se podería tentar construir un edificio adicado a este fin.

Unha vez que estudamos cal podería ser o lugar idóneo para a ubicación da nave, o seguinte paso foi o de requerir a axuda dun bo amigo e colaborador de don Antonio. Refírome ó arquitecto ténico Barbeito. No intre en que tivemos nas nosas msns o bozeto no que se contemplaba un edificio diáfano con paneis movibles, nos que se puderan habilitar os distintos salóns dependendo das necesidades, collemos o seu 1.500 de cor negro, automóvil que tivo ata que mercou o actual Peugeot, que tamén ten os seus aniños. E alá nos fumos os dous a Santiago, para mantermos a entrevista co arzobispo e presentarlle o anteproxecto, ó tempo que lle solicitabamos autorización para a realización do mesmo nos terreos da Igrexa.

Don Julian Barrio escoitounos atentamente, fixonos as preguntas oportunas e dounos o seu visto bo, ou a súa bendición, como mellor prefiran vostedes.

Pero cando xa tiñamos contactado con varios contratistas que estaban dispostos a botarnos unha man e colaborar con nós na realización do proxecto de maneira altruista, e cando íamos a poñernos mans á obra, topámonos con que ao non ter aprobado o Planeamento Urbanístico no podíamos facer realidade o proxecto!

Remato o meu testimonio como sei que lle gustaría a el que o rematara, botando man dunhas declaración súas neste mesmo xornal: "Vale a pena ser cura porque trátase de darlle ós demáis, e isto é o que fai feliz as persoas, pois a clave da felicidade é dar, xa que do contrario a vida é un baleiro". ¡Que así sexa, benquerido e preciado Antonio, agora e por sempre!