Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O BNG reclama en Carril que o Panteón dos Galegos Ilustres volva ser público

O nacionalismo celebra a homenaxe a Rosalía de Castro polo 179 aniversario do seu nacemento

A homenaxe a Rosalía de Castro que se viviu onte en Carril foi un acto sinxelo pero emotivo. // Noé Parga

Como cada ano por estas datas, o BNG de Vilagarcía volveu organizar a súa tradicional homenaxe a Rosalía de Castro con motivo do seu nacemento, do que o 24 de febreiro fanse 179 anos. O acto foi similar ao convocado en anos anteriores, pois tras a lectura de varios poemas da escritora padronesa ao pé do seu busto xunto á igrexa de Carril, tivo lugar a ofrenda floral, da que nesta ocasión encargáronse os concelleiros Xabier Ríos e Lucía César Veloso.

A nacionalista de Bamio tivo un destacado papel na homenaxe, pois ademais de como concelleira, puido mostrar as súas dotes para o canto. Así, ataviada cun traxe rexional galego, entonou unha canción que emocionou a máis de un asistente. Á hora de cerrar o acto co himno galego, a forza da voz de Lucía César Veloso distinguíase perfectamente.

Foi o ex tenente de alcalde Xosé Castro Ratón o que se encargou das primeiras palabras. O nacionalista recordou a relación de Rosalía de Castro con Carril, pois "pouco antes de que morrera dun cancro veu a Carril, a 400 metros de donde estamos". Daquela xa non andaba ben de saúde, pero "quería ver e disfrutar do mar como "símbolo de liberdade e Carril deulle esa oportunidade", apuntou Castro.

Tanto a escritora impulsora do Rexurdimento Galego tras os Séculos Escuros como outros ilustres como Castelao ou Asorey están enterrados no Panteón de Galegos Ilustres, hoxe de propiedade privada. Castro Ratón reivindicou dende Carril que ese panteón volva ao patrimonio público.

Non se esqueceu Castro de erixir a Rosalía como "un símbolo", cunha obra "de rebeldía e compromiso" que hoxe segue de plena actualidade, por exemplo, no que se refiere ao papel da muller ou á "emigración forzada". Neste senso, o expolítico vilagarcián mencionou a problemática dos emigrantes retornados co Ministerio de Hacienda. Castro Ratón aproveitou para facer un chamamento a participar na manifestación do 27 de febreiro contra a Lei de Acuicultura.

Tras a súa intervención, María Villaronga e outras tres persoas, entre elas unha nena chamada Aloia, recitaron uns poemas.

Compartir el artículo

stats