Xosé Manuel Conde (Cádiz, 1950) dirixe a compañía Lambríaca Teatro e protagoniza a peza teatral que este venres a partir das nove da noite en Vilagarcía o ciclo de teatro de primavera promovido pola Concellería de Cultura do municipio. “Benito Bienvenido. O casting” é unha peza diferente que non deixará indiferente a ninguén. As entradas xa están á venda por 4, 3 e 2 euros segundo sexa na zona A, B ou C. Xosé Manuel Conde fala da obra e da situación actual do teatro galego.

- “Benito Bienvenido. O casting” ten o luxo de abrir o ciclo de teatro de primavera... qué é o que se vai atopar o espectador?

- A peza está escrita por Xulián Rodríguez novo e pode dicirse que é un espectáculo distinto, rompedor. O protagonista é un home que tenta buscar o papel da súa vida, que acode a un cásting na procura desa oportunidade e que, a partir dese fío condutor, se deixan ver diferentes personalidades. O final é moi sorpresivo. Estou seguro de que o espectador se vai quedar clavado na butaca, porque non se espera o que vai pasar.

- No ciclo que comeza este venres as pezas son todas de cuño galego... cree que ten renome a arte dramática da terra fóra das nosas fronteiras?

- Sen dúbida. Tanto as nosas obras, como os directores e os propios actores galegos gozan dun gran prestixio fóra das nosas fronteiras. Ata non hai moito o autor de “Benito Bienvenido. El cásting” estivo dando unha conferencia en Helsinki sobre o mundo teatral español e tivo un apartado específico para o de cuño galego. Ten renome e, aparte, ten un sonado prestixio que supoño que irá en aumento co paso dos anos.

- E este prestixio vese reflectido no éxito de público de moitas das obras que se fan hoxe en día...

- Si, parece curioso pero tendo en conta que estamos nunha época difícil e que a crise económica afecta sobre todo ao ámbito da cultura, o teatro non nota demasiado a disminución do público, sobre todo cando falamos de comedia. Supoño que a xente adopta unha actitude conciliadora e que acode ás obras de teatro para divertirse, para distraerse e para pasar o tempo. Xa bastantes cousas malas pasan aí fóra.

No aspecto propiamente dito das subvencións, nós somos unha compañía que non depende deste tipo de axudas públicas, pero sabemos que cando hai un momento difícil en canto a economía o primeiro sector que o nota é o da cultura polo que sempre hai que buscar vías alternativas ao respecto.