16 de octubre de 2009
16.10.2009

Unha historia de película

Sabela Pillado presenta hoxe o seu libro "O cine en Cambados"

16.10.2009 | 00:47
Sabela Pillado Villaronga.

Sabela Pillado Villaronga presenta esta tarde o seu libro "O cine en Cambados", que está editado pola asociación de profesores Candea. O acto é ás 20 horas, no salón de actos da adega Martín Códax de Vilariño, e colaboran co mesmo as librerías Contos e Ramón Cabanillas. Unha obra que conta unha historia apaixonante, e tristemente truncada.

Os irmáns Lumiere patentan o cinematógrafo en 1895. Uns anos despois, nos comezos do século XX, rexístranse as primeiras proxeccións en Cambados.
Ó principio a maxia e o misterio do cine chegaban da man dos ambulantes, ata que en 1909 se crea o primeiro cine estable: o Salón Variedades, situado preto do Paseo da Calzada.
Así o conta Sabela Pillado Villaronga, que esta tarde presenta o seu libro "O cine en Cambados". Este traballo supón un repaso pola historia do séptimo arte na vila, e estructúrase en dous bloques principais: a historia das salas de exhibicións; e a das rodaxes feitas en Cambados.
No que atinxe ás salas, Sabela Pillado conta que despois do Variedades abriu o cine da Juventud Católica, no que hoxe é o auditorio municipal. Funcionou de 1934 a 1948, mentres que o Variedades pechaba as súas portas nada máis rematar a Guerra Civil, en 1940.
O terceiro cine de Cambados foi o Cervantes –aberto na esquina entre a praza do Concello e a actual avenida de Galicia–, con funcións entre 1943 e 1973.
O cuarto foi o Avenida situado fronte á Sociedade Cultural (1961-1988) e o derradeiro ata a data foi outro Avenida, que estaba situado na rúa Ourense, e que funcionou de 1994 a 1999. Con el pechouse –hai agora dez anos– un capítulo brillante da historia de Cambados.
Na súa investigación, Sabela Pillado seguiulle a pista tamén ós dous cine-clubes que existiron na vila. O primeiro deles promoveuno a Sociedade Cultural entre 1978 e 1983, e o segundo aínda tivo unha vida máis efémera, pois só viviu uns meses entre 1985 e 1986.
O segundo bloque do libro está adicado ás películas ou documentais rodados en Cambados. Sabela Pillado aclara en primeiro lugar que non existe ningunha longametraxe de ficción profesional integramente grabada na vila, aínda que si existen numerosas secuencias tomadas en Fefiñáns, Santa Mariña ou a torre de San Saduniño.
A primeira vez que Cambados aparece nunha cinta é na versión de 1924 de "La casa de la Troya"; vense as ruínas de Santa Mariña, se ben no argumento da película ese espacio non se identifica como Cambados.
E 75 anos despois, as cámaras e os actores volveron a ese mesmo cemiterio para rodar unhas escenas de "Agallas", película estrenada hai uns meses e que interpretan Carmelo Gómez e Hugo Silva.
Aínda que non cimetagráfico, o caso máis coñecido de fusión entre Cambados e o audiovisual foi a serie de televisión "Rías Baixas" (2000-2005), que xiraba arredor do mundo do viño albariño. Un caso estraño é o de "Sabela de Cambados" (1948), película na que, pese ó seu título, non existe a máis mínima referencia a esta localidade.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


 
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Enlaces recomendados: Premios Cine