29 de mayo de 2009
29.05.2009

As dornas regresan á competición

A regata "Fasquía" en A Illa é a primeira da tempada e inclúese na Copa Galicia

29.05.2009 | 01:02
Unha imaxe da regata "Fasquía" celebrada o ano pasado. // Iñaki Abella

As velas de relinga comezaron a navegar de maneira oficial o pasado 17 de maio, pero o primeiro evento da tempada non vai ter lugar ata o día 6 de xuño, data na que se celebra a quinta edición da regata "Fasquía". Esta é a primeira dunha serie de eventos onde, ademais da competición propiamente dita, o que se ofrece é o espectáculo dunha navegación tradicional que estivo a punto de desaparecer e que hoxe está plenamente recuperada.

Perto de corenta embarcacións son as que van a participar na regata "Fasquía", o próximo 6 de xuño en A Illa de Arousa, proba que se inclúe dentro da Copa Galicia de dornas xunto a outras tres probas: a dos faros de O Grove, a de O Bao en A Illa e a do Albariño en Cambados. A maior parte destas corenta embarcacións son da ría de Arousa, aínda que, dependendo das condicións meteorolóxicas está prevista unha importante participación foránea.
Uxía Allo, presidente da Asociación Cultural e Deportiva Dorna, e Santiago Mougán, presidente da Asociación Fasquía, presentaron onte esta regata que parte do peirao de O Xufre para dar dúas voltas a un percorrido de catro millas náuticas.
Mougán destacou na presentación do trofeo a gran cantidade de eventos destas características que se prevén para todo este verán, a maior parte deles surxidos na última década, o que amosa o grado de recuperación co que conta a dorna, un dos elementos máis importantes do patrimonio marítimo galego. Por encima de todas elas atópase a Volta A Illa, a primeira das regatas destas características que se celebrou.
Ademáis da regata, a asociación Fasquía tamén fixo balance da botadura da dorna de tope "Lavanqueira", unha embarcación de sete metros de eslora que forma parte do proxecto "Desafío a Tope" co que se pretende recuperar esta tipoloxía de embarcación, contando para iso co apoio financieiro da Deputación Provincial de Pontevedra. A "Lavanqueira" foi a segunda embarcación destas características que se botou ao mar, despois de "Peza de Rabo", pertencente á Asociación Cultural e Deportiva Dorna de A Illa. Non serán as únicas, xa que o proxecto contempla a construcción de varias dornas de tope máis co obxectivo de crear competicións entre os diferentes portos, como ocurría antiguamente cando regresaban a porto coas capturas.
Outro dos puntos que se abordou na presentación da regata Fasquía foi a celebración do próximo Encontro de Embarcacións Tradicionais que se vai celebrar en Muros este mesmo ano, concretamente, nos primeiros días de xullo. Muros competíu con Vilagarcía por ser a sede dun evento que, en cada edición, se convirte nun fenómeno social e de masas, xa que miles de personas acuden a ver os barcos e a navegación.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia