26 de abril de 2009
26.04.2009

Fieis ós mandatos do fanzine

O "Despregable" cumpre 20 números, pero os seus autores non queren nin oír falar de "profesionalización"

26.04.2009 | 02:00
Algúns dos autores do ´Despregable´ no Rif-Rock, un dos locais máis activos de Cambados.

O Despregable é unha desas aventuras culturais que adoitan ter unha escasa repercusión mediática porque van dirixidas a un público máis ben minoritario e carecen do respaldo institucional, e que sen embargo teñen unha gran importancia porque lle dan voz a artistas e afeccionados á música, o cine ou as artes plásticas que doutro modo non poderían divulgar o seu traballo. O fanzine -que non revista- vén de cumplir catro anos e vinte números. Un fito de supervivencia para este tipo de publicacións co que nin sequera os seus fundadores contaban.

O Despregable é o fanzine máis popular de todo O Salnés. Hai pouco cumpriu catro anos de vida e alcanzou o número vinte. Un dos seus pais, Ramón Falcón, confesa que nin sequera eles imaxinaban chegar tan lonxe. "Non, que va, para nada. Cando empezamos contabamos con pasalo ben ese ano e nada máis". O nome venlle porque o número cero desta publicación era unha folla pregada tamaño saba. Corría o mes de febreiro de 2005, e Falcón, Cristina Paz-Salgado e Juan Rey iniciaban, sen sabelo, unha aventura que tempo despois implicaría a moitas máis persoas.

O Despregable evolucionou moito. Do número cero editáranse 150 exemplares; e na actualidade imprímense entre 500 e 600. En canto adoptou o formato revista fíxoo con 32 páxinas, e agora ten entre 50 e 58. Tamén se percibe unha evolución no deseño e a maquetación, que se fixo algo máis homoxénea. E de ser unha publicación que a penas circulaba por uns poucos pubs de Cambados e Santiago de Compostela, pasou a estar á venda mesmo na tenda do Museo de Arte Contemporáneo de Barcelona.

Sen embargo, Ramón Falcón sinala que o Despregable sigue sendo un fanzine, e que a profesionalización e conversión en revista é algo que nin sequera se lles pasa pola cabeza. "A pesar de que ten unha periodicidade máis ou menos fixa (trimestral) é un fanzine pola forma de facelo e porque todo o que sacamos das vendas vai para el e para outras actividades culturais. Todos os que traballamos nel o facemos por amor ó arte".

A columna vertebral da publicación síguena integrando Ramón Falcón, Cristina Pérez-Salgado e Juan Rey, os tres fundadores da asociación Embaixada Prusiana. Pero ó longo do tempo o Despregable foise enriquecendo coa aportación doutros colaboradores, máis ou menos habituais, como Ramón Freijeiro, que fai críticas de cómics; Miguel Moldes e Jorge López, que escriben sobre concertos e discos; ou DavidA, que é o autor da sección "La Cara B".

A música, as artes plásticas, o cine e a fotografía son os temas máis habituais nas páxinas do fanzine, nas que tamén se pode atopar algo de banda deseñada ou de literatura. Reportaxes, críticas e entrevistas... Ó longo dunha andaina que dura xa catro anos sempre quedan algúns traballos máis presentes na memoria, por un ou outro motivo, e Ramón Falcón salienta a modo de exemplo os artigos aparecidos sobre Isi Vaamonde, Triángulo de Amor Bizarro, os Phantom Keys ou Paco Charlín. Os vinte números celebráronse con traballos sobre Rubén Arenaz, Javi Camino, Antonio Vega, os proxectos Mourente e Edición, Yuri Gagarin Trio ou a sala Boogaloo. Nas próximas semanas sae o 21.

A esencia, pasalo ben

Unha revista é unha actividade profesional, e agárdase que sexa lucrativa. Por iso, ten unha compoñente de obriga e responsabilidade que os autores do Despregable non queren para si. Insisten en que a publicación sigue fiel ás normas básicas do fanzine. "Para nós sigue sendo un divertimento, e cando deixe de selo párase e punto".

Por iso, entenden que a profesionalización iría en contra dese espírito lúdico, alleo a agobios e ás frías cifras dos balances contables (aínda que non ocultan que loxicamente hai uns gastos de impresión e que "non nos podemos chalar" á hora de organizar cada número). O Despregable é xa unha referencia do underground arousano; unha publicación que siguen os afeccionados á música e o arte, e tamén os creadores que dan os seus primeiros pasos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


 
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Enlaces recomendados: Premios Cine