Música, pintura ou literatura, calquera rama do arte bebe e ten bebido sempre, de algunha extraña maneira, da realidade. Dende as pinturas máis apegadas á paisaje que recolle o ollo do ser humano ata as máis abstractas que nacen, directamente, do máis fondo da imaxinación, as referencias e influencias sempre foron chegando do mundo que nos rodea. Del e da súa historia.

Cabanillas retratou coa súa pluma o mellor de Cambados e da ría que bañaba as súas costas. A torre de San Sadurniño, o muiño das mareas ou o paseo da calzada influiron no poeta arousán e se colaron na súa obra sen case querelo, para acompañalo despois no resto das súas viaxes. Gracias a sua literatura, o pobo natal de Ramón Cabanillas e a comarca do Salnés foron levados xunto ó caderno do xenial escritor por toda Galicia adiante. Foi ilustre na súa casa mentres viviu e converteuse no máximo estandarte de Cambados xa morto.

Máis a poesía e demais artes seguiron co seu camiño despois da que Cabanillas deixase a Terra, igual que fixeran mentres ainda non chegara o poeta da raza. Pero cunha grande vantaxe, os artistas de agora contan coa influencia inesquecible de don Ramón. E pintores, escultores e fotógrafos uniron os seus esforzos na exposición “Entre miradas”, unha das pezas clave de todo o entramado cultural que ten xerado o “Ano Cabanillas”.

Dende O Salnés para O Salnés, esta mostra leva aberta dende principios de mes no Museo Etnográfico e do Viño de Cambados. E alí permanecerá ata o primeiro día de xuño. Unha veintena de pintores, media ducia de escultores e tres fotógrafos buscaron coa súa mirada a mellor forma de retratar o pobo do albariño e o seu poeta máis recoñecido.

Olladas abstractas e máis realistas, dirixidas sobre a obra de Cabanillas, a súa figura ou o seu amplio imaxinario. Sen dúbida unha boa forma de empeñar o tempo libre para aqueles ós que desfruten das artes plásticas. No elenco de pintores están Xaquín Chaves e o seu experimento co pincel, Eduardo Baamonde e as súas técnicas de ilustración, o volume que sobresae do lenzo de Guillermo Pedrosa ou a extrema simplificación de Manuel Busto. As referencias claras ó inconfundible rostro de Ramón Cabanillas atópanse xa nos cuadros de Xandre Otero ou Lino Silva, ámbolos dous bós mestres do retrata. O color esaxerado e tridimensional de José Ramón Costa destaca no medio da mostra, poñendo sobre a mesa aqueles símbolos máis afamados de Cambados, como a súa torre de San Sadurniño.

Xulio Gayoso, recoñecido ilustrador para editoriais como Kalandraka ou Xerais, tamén leva a Cabanillas na súa pintura e, como non, o retrata na súa omnipresente Calzada. Por último os retratos máis realistas corresponden a Evaristo Oubiña, que prefire coller ó poeta da raza xa con moitos anos de experiencias ás costas, e Luís Pazos, que o elixe xoven, con moito dos seus camiños ainda por percorrer.

Madeira e escaiola, e materiais menos tradicionais, enchen o espazo adicado á escultura. Francisco Pazos e Francisco Vaamonde prefiren ó busto máis tradicional e escolleron para representar a súa arte as talls en madeira, mentres Manolo Paz optou pola escaiola pintada para retratar ó poeta.

A tradición máis fonda da que bebeu Cabanillas aparece nas 3 fotografías que buscan un pequeno oco entre as artes máis tradicionais. Damián Gayo, Jacobo Gayo e Mosé María Gayo, preferiron unha mirada máis intimista hacia o máis profundo dos poemas do cambadés. A gaita como eixo da cultura musical galega e o mar e as súas ondas como paisaxe central da obra de Cabanillas.

Ó final, non son máis que case 30 miradas individuais sobre unha mesma cousa, con resultados tan sorprendentes que paga a pena deixarse caer por Cambados para velos.