18 de abril de 2009
18.04.2009
Cambados

Isi Vaamonde regresa á terra

O cantautor cambadés afincado en Madrid ofrece esta noite un concerto no pub Rif-Rock

18.04.2009 | 01:42
O cantautor cambadés, nun concerto.

Isi Vaamonde volve á terra. O cantautor cambadés levaba moito tempo sen tocar na súa vila, e esta noite o público será a oportunidade de escoitar o seu último traballo, "Unspotsmanlike World", que consta de cinco cancións, e que foi saudado polos críticos como a creación máis madura do músico.

O concerto de Isi Vaamonde é no Rif-Rock, un local situado na rúa Infantas que é un dos poucos pubs de Cambados que apostan nos últimos tempos pola música en directo. A actuación comeza ás 23.30 horas, e suporá unha oportunidade para aproximarse ó persoal estilo de Vaamonde, que leva establecido en Madrid dende 2000.

O crítico musical Julián Callejo afirma de Isi Vaamonde que "del circulan catro EPs seus, autoeditados e feitos de maneira case artesana. Nembargantes, UW pode considerarse o seu primeiro disco en moitas cousas, pese á súa veteranía. É o que vai supoñer un punto de inflexión definitivo para a súa carreira". "Os cinco temas que contén –engade Callejo– van dende un folk cosmopolita a un rock de autor, dende o optimismo con bágoa á escuridade dun bar e whisky".

Vaamonde iniciouse na música con quince anos, tocando a batería. Logo de participar en numerosos proxectos de bandas, tanto de directo como de estudio –como Airas, Tom ou Gustavo Almeida– decidiu coller a guitarra e cantar as súas propias cancións. Entre tanto comezou estudios de Dereito en Santiago de Compostela, aínda que a experiencia non o convenceu e volver a Cambados. Ata que no ano 2000 marcha a Madrid coa intención de facerse un oco no escenario musical da capital de España.

Editou ata o momento "Winter Rose", en 2001; "After the sound of the whistle" (2003); "New Sunshine Street" (2004) e "Fire in the hole", en 2006. Ademáis, é un habitual das salas de concertos, e xa actuou en máis de cincuenta ocasións. Ademáis, a súa música sonou nos Concertos de Radio 3, o que é un aval de bo facer técnico e de calidade no son.

No concerto desta noite no Rif-Rock, Vaamonde estará acompañado por Volker Ledwig á batería; por Edu Pulpillo no baixo; e nos teclados está Gonzalo Peñalosa. Isi Vaamonde ten un nutrido grupo de seguidores –moitos dos cales se dan cita no foro que existe na páxina web do músico– e canta en inglés, ademáis de ser guitarrista. Outro crítico, David Chislett, afirma del que "a voz de Isi arrástrate verso a verso, verba a verba".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine