11 de abril de 2009
11.04.2009

Un ano de lembranzas de Cabanillas

O Concello pretende que o 2009 sexa o do Poeta da Raza

10.04.2009 | 02:00
A Exposición "Entre Miradas" atópase no Museo do Viño ata o próximo 31 de maio.

O Poeta da Raza tamén foi o poeta de Cambados. Por iso o Concello decidíu adicarlle unha máis que merecida homenaxe a Cabanillas este ano, cando se cumpre o cincuentenario do seu pasamento. A vila do albariño quere recuperar a figura do autor de "O Mariscal" pois foi Cabanillas un dos responsables de situar a Cambados no mapa en lugares como España ou América, percorridos polo autor durante a súa azarosa vida. Agora os que foron os seus veciños cren que é o momento de devolverlle todo o que fixo por Cambados con un merecido recoñecemento.

Hai xa medio século do pasamento de Ramón Cabanillas, polo que o Concello de Cambados decidíu que este era o ano no que se debía celebrar unha merecida homenaxe a un dos cambadeses máis ilustres e respectados. Durante estes doce meses diseñouse un amplo calendario de actividades elaborado pola comisión organizadora, que conta co asesoramento do académico Francisco Fernández Rei e o biógrafo Luis Rey Núñez.

Todos os eventos que se diseñaron para este ano nacen na vila do albariño, pero teñen a vocación de extenderse a toda a comunidade autónoma, porque desde o Concello entenden que a dimensión humana e literaria de Cabanillas trascende os lindes comarcais.

Iniciadas en xaneiro coa representación da "Ofrenda das fadas no Portal de Belén" e continuadas este mesmo mes coa inauguración da exposición "Entre miradas", o calendario de actividades contempla unha manchea de actos. De feito neste mes, cúmprense 90 anos da estrea de "A Man da Santiña", o primeiro intento dun teatro galego no que ía participar unha compañía estable un dos maiores éxitos que obtivo o sector, polo que se vai organizar o día 22 unha innovadora montaxe audiovisual desta obra no Auditorio de A Xuventude.

Ao día seguinte, con motivo do Día Internacional do Libro, vaise adicar a maratón de lectura á obra de Ramón Cabanillas, decorándose o auditorio como se fose o paseo da Calzada.

O Día das Letras Galegas, o 17 de maio, ten lugar a inauguración do Roteiro Poético de Cabanillas, un acto que se concibe como unha exposición que conta coas rúas e lugares emblemáticos de Cambados como protagonistas e na que hai proxeccións de vídeo, bandas sonoras con poesía de Cabanillas e iluminacións artísticas.

Coincidindo coa data de nacemento do escritor cambadés, o Concello vai rendir un homenaxe a Francisco Fernández del Riego e a Xesús Alonso Montero por seren os responsables das edicións das Obras Completas de Cabanillas a mediados do século pasado.

O Festival poético e musical "Cabanillas Emigrante" está previsto para setembro. A data é o día 12 porque foi esa xornada de 1910 cando o poeta partíu para Cuba. Vai haber lectura de poemas desta temática tanto do propio autor cambadés como doutros escritores contemporáneos.

Para o 8 de novembro organízase unha homenaxe dos colectivos culturais cambadeses a Ramón Cabanillas, que consiste na actuación conxunta en concerto das corais de Cambados, a banda de música de Castrelo, os diversos grupos de música tradicional e outros colectivos culturais, interpretando temas musicados sobre poemas de Cabanillas. O acto configúrase como a gran homenaxe popular cambadesa ao seu poeta. Ao día seguinte celébrase o cincuentenario do pasamento, abríndose os actos desa xornada coa apertura das actividades simultáneas do congreso Ramón Cabanillas e do congreso da Poesía Galega.

As actividades deste ano adicado ao escritor máis importante de Cambados rematan tan só uns días despois, o 12 de novembro, cando a Real Academia Galega celebre unha sesión solemne en Cambados. Non vai ser a primeira vez, xa que se celebrou o mesmo acto en 1960, coincidindo coa inauguración do monumento ao poeta e en 1976, cando se lle adicou o Día das Letras Galegas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine