03 de abril de 2009
03.04.2009

Cambados pon en escena "A man de Santiña" 90 anos despois do seu estreo na Coruña

O Concello pídelle ó público que acuda ó espectaculo con roupas dos anos vinte do século pasado

03.04.2009 | 02:00
Unha das escenas fotografadas polo bisavó de Cabanillas.

O 22 de abril de 1919 estreábase na Coruña unha obra de teatro de Ramón Cabanillas, "A man de Santiña". Xusto noventa anos despois, o Concello de Cambados pretende conmemorar a efeméride cunha posta en escena desta mesma obra.

O espectáculo terá lugar no auditorio da Xuventude e a pretensión dos organizadores é realizar unha especie de viaxe no tempo, polo que se lle pide a todo o público que vaia asistir que na medida do posible acudan disfrazados con roupas daquela época. O técnico de Cultura e biógrafo de Cabanillas Luis Rei conta que "A man de Santiña" foi saudada en 1919 como unha obra fundacional no teatro galego. Os críticos salientaban da mesma que era a primeira peza non diglósica, na que todos os personaxes falaban en galego –mesmo os de clase alta–; e que introduce técnicas que nese momento xa se estaban empregando na dramaturxia europea.

Aquela representación de 1919 estivera a cargo da sección de declamación do Conservatorio Nazonal de Arte Galego –unha das poucas compañías semiprofesionais da época–, e contou para a ocasión cun equipo de luxo, posto que o escenógrafo foi Camilo Díaz Baliño –o pai ide Isaac Díaz Pardo, considerado o mellor no seu traballo daquel tempo– e o mesmo Díaz Baliño colaborou con Castelao na confección do cartel.

A obra gustou, e proba diso é que por primeira vez na historia do teatro galego tivo seis funcións seguidas nun mesmo escenario, e posteriormente contou cunha pequena xira por Galicia. O Concello de Cambados quere resaltar a importancia cultural desta data e noventa anos despois do estreo, vaise representar de novo "A man de Santiña". O traballo está coordinado por Luis Rei, pero conta co traballo de máis dunha ducia de persoas, entre os que figuran a directora da escola de teatro, Noelia Toledano; a directora do Conservatorio, Lorena Varela; actores de Teatro Caracol, como Manuel Pillado; profesores de ensino, como Manuel Núñez e Rosa Fiel; alumnos da escola de teatro, como Eva Lede, que fai o papel principal; e un bisneto de Cabanillas, Enrique Álvarez, que asina as fotografías en branco e negro que compoñen a proxección que se pasa mentres os lectores recitan a obra.

O espectáculo estará presentado polo actor Evaristo Calvo, e as persoas interesadas en acudir ó mesmo teñen que pasar pola casa da cultura da Mercede a recoller as invitacións, que son necesarias para acceder ese día á Xuventude, aínda que a entrada é de balde. O obxectivo é recrear ó máximo aquela data de 1919; haberá un monólogo cómico e lerase unha carta de Cabanillas. Este acto forma parte da programación de Concello en homenaxe ó poeta, que está coordinando a edil de Cultura Anabel Carro. Doutra banda, hoxe sae a Carreira dos Institutos, polo que varias rúas de Cambados estarán cortadas ó tráfico. Nos dorsais dos atletas figura unha caricatura de Cabanillas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


 
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Enlaces recomendados: Premios Cine