Nacido no corazón da comarca do Morrazo, Xosé Manuel Budiño ten ese espíritu mariñeiro que ninguén mellor que os arousanos poden entender. Este domingo recala en Vilagarcía para dar o mellor de sí sobre o escenario e deleitar coa música da súa gaita aos centos de persoas que se acheguen ata a rúa Elpidio Villaverde.

O espectáculo que trae ata Vilagarcía chámase "Home"... ¿ten pouco de feminino?

A explicación deste título pode darse por dúas vertentes. Home é unha homenaxe moi sentida a Cabo Home, ubicado no Morrazo, e punto de referencia para xeracións e xeracións de mariñeiros que o usaban como guía para volver cada día á terra. Eu son de familia de mar e por iso quixen renderlle unha sentida homenaxe a este entorno. A segunda explicación é máis internacional. Noutros países, e concretamente en inglés, "home" significa fogar, unha palabra coa que todo o mundo se identifica. Non hai trasfondo sexista no título

Fala de adoptar carácter internacional, ¿escoitouse este espectáculo noutras partes do mundo?

Esta música percorreu os catro continentes. Fixemos paradas en Bulgaria, Siria, Líbano, Oriente Próximo e tamén México e Bos Aires entre outros. O espectáculo, dado o carácter audiovisual que ten, non é igual nun sitio que noutro. De feito, en Vilagarcía será novamente inédito.

En Galicia a música da gaita xa é un selo de identidade... ¿cómo se recibe noutros países?

O certo é que aló onde fomos todo o mundo aplaudeu moito os nosos espectáculos. Un caso curioso foi o de Oriente Próximo donde lles gustou moito a música e donde incluso a calificaron como "familiar". Non é extrano dado que a gaita naceu alí e se foi extendendo a posteriori pola franxa occidental. De todos xeitos, o caso máis sentido vivino en Bos Aires donde familias enteiras viñeron a ver o espectáculo e, ao rematar, as vías chorar emocionadas porque a gaita lles recordaba á súa terra.

¿Qué vai ver o público que decida achegarse o domingo ata Vilagarcía?

Vai ver un gran espectáculo que conxuga distintos aspectos artísticos. Non só haberá música, senón tamén unha mestura de danza tradicional e contemporánea ademais de un equipo de artistas incrible sobre o escenario. Eu sempre concibo as miñas actuaciones dende un aspecto cinematográfico e por iso pretendo que o público se integre totalmente na actuación que durará o tempo dunha película de cine.