10 de abril de 2019
10.04.2019
Faro de Vigo
10.04.2019 | 11:49

O Concello de Catoira pon en marcha un programa de envellecemento activo

O pasado luns 8 abril pola tarde celebrouse na sala Celso Emilio Ferreiro do Concello de Catoira unha charla dirixida ás persoas maiores de Catoira na que se lles informou sobre a importancia e os pasos a seguir para envellecer activamente.
Esta xornada foi impartida por unha técnica da Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencias tipo Alzheimer (AGADEA), unha entidade sen ánimo de lucro con máis dunha década de experiencia desenvolvendo terapias de estimulación cognitiva e psicomotriz para persoas con deterioro cognitivo.
A xornada serviu tamén para presentar un novo servizo gratuíto que se prestará no Centro Municipal do Maior (Cemuma) de Catoira desde o 22 de abril ata xuño. Trátase dun programa impartido por una psicóloga de AGADEA que ten como finalidade o mantemento das capacidades cognitivas mediante exercicios de cálculo, razoamento, linguaxe, etc. Durante dous meses ofrecerase unha sesión formativa semanal de unha hora e media de duración, os luns pola tarde. Este programa e está dirixido a persoas maiores de 60 anos sen ningún tipo de deterioro cognitivo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook