Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Deporte e lecer

Lourido celebra os 30 anos dos Xogos de Verán con seis días de actividades

Desenvolveranse do luns 27 de xullo ao sábado 1 de agosto e é preciso inscribirse previamente

Presentación das actividades

Presentación das actividades / FdV

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Poio

Lourido celebrará o trinta aniversario dos Xogos de Verán, organizados pola Asociación Cultural e Deportiva de Lourido, coa colaboración do Concello de Poio. Desenvolveranse do 27 de xullo ao 1 de agosto cunha programación de actividades deportivas, obradoiros e espectáculos para toda a familia.

Durante seis días, Lourido converterase nun espazo de encontro, deporte e lecer, con propostas para todas as idades. As actividades concentraranse nas tardes, agás o sábado 1 de agosto, cando tamén haberá programación pola mañá. O público poderá participar en disciplinas como fútbol 6 base, vólei praia, tenis praia, petanca, ximnasia, chave ou zumba, ademais doutras actividades lúdicas e de animación.

Todas as actividades son gratuítas, pero é preciso realizar unha inscrición previa a través da páxina web xogosdelourido.com, onde tamén se pode consultar a programación completa, as diferentes modalidades e os horarios das competicións. No caso do torneo de fútbol 6 base, as inscricións realizaranse a través do WhatsApp 606 257 171 ou do correo electrónico clubfutbolbasepoio@gmail.com, indicando o nome, apelidos e DNI dos compoñentes de cada equipo.

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, e o concelleiro de Deportes, Tucho Muíños, participaron onte na presentación da programación, acompañados por representantes da Asociación Cultural e Deportiva de Lourido.

Tracking Pixel Contents