Formación
Arranca con vinte alumnos o novo Obradoiro Dual de Emprego de Marín

Os alumnnos, coas autoridades. / FdV
O Concello de Marín deu onte a benvida ao alumnado do novo Obradoiro Dual de Emprego, que inicia a súa actividade coa participación de vinte alumnos traballadores que durante os próximos nove meses recibirán formación e realizarán prácticas nas especialidades de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais e Cociña.
O acto de inauguración celebrouse ás 9.30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello e contou coa presenza a alcaldesa de Marín, María Ramallo; a concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez; o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Pablo Fernández; o director do obradoiro, Óscar Rey e o equipo docente do programa, así como do axente de desenvolvemento local do Concello.
Na súa intervención, a alcaldesa puxo en valor o esforzo que realizan as persoas que deciden iniciar unha nova etapa profesional a través deste tipo de iniciativas, destacando que «a formación é a mellor ferramenta para abrir novas oportunidades laborais e para responder ás necesidades reais do tecido económico e social». Ramallo incidiu especialmente na elevada demanda de profesionais cualifi cados que existe no ámbito da atención sociosanitaria, un sector no que os coidados adquiren cada vez maior relevancia debido ao envellecemento da poboación.
Este é o segundo Obradoiro Dual de Emprego que consegue poñer en marcha o Concello de Marín. O programa conta cun investimento de 454.552 euros financiados pola Xunta de Galicia.
- Ingresan los nuevos alumnos de la Escuela Naval Militar, listos para la fase de instrucción
- Fin a cinco años de batalla judicial de una familia viguesa con el Sergas: «Todo esto lo hice por la memoria de mi marido»
- La eurovisiva Pastora Soler pone fin a las Festas da Peregrina más calurosas en años
- Dormir en Sanxenxo este fin de semana alcanza un coste de hasta 750 euros
- Más de 260 mesas de comidas privadas y de hostelería y 141 puestos esta Feira Franca
- Medio Ambiente traslada 500 peces del río Gafos en Pontevedra ante el peligro de mortandad por la sequía
- El pico turístico en las Rías Baixas lleva las urgencias de Pontevedra y Salnés a niveles récord con 4.381 asistencias en el puente de San Roque
- «Donde mejor estoy en el mundo es en mi estudio o nadando en Aguete»