Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Homenaxe

Viascón, en Cerdedo Cotobade, honra a memoria de Ricardo Portela

A Comunidade de Montes, o Concello e a Deputación de Pontevedra renden homenaxe ao gaiteiro universal

Acto en Viascón

Acto en Viascón / FdV

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

R. P.

Pontevedra

A parroquia de Viascón acolleu este domingo un emotivo acto de homenaxe ao gaiteiro Ricardo Portela, figura fundamental da música tradicional galega e símbolo da gaita como elemento identitario da nosa cultura. A iniciativa contou coa implicación conxunta do Concello de Cerdedo Cotobade, da Deputación de Pontevedra e da Comunidade de Montes de Viascón que estiveron representados polo alcalde e deputado provincial, Jorge Cubela, e o presidente da entidade veciñal, Ernesto Filgueira.

Además, no evento, estiveron presentes Gonzalo e Rosa Portela, fillos do insigne gaiteiro; o artista Jorge Senra, autor dunha escultura en ferro inaugurada nesta homenaxe a Ricardo Portela; Jacobo Farto, en representación de Ingeniería y Montajes Rías Baixas, empresa que doou o monumento; Alberto Pires, en representación da Asociación de Gaiteiros e Gaiteras Galegos, e Eduardo Esteban, do Grupo de Gaitas Marmurio de Leucoíña.

O acto de homenaxe comezou coa inauguración na Casa do Pobo de Viascón da exposición da Deputación de Pontevedra “Ricardo Portela, inmorrente”, comisariada polo gaiteiro Óscar Ibáñez e dedicada á traxectoria vital e artística deste referente da música tradicional. A mostra, composta por paneis expositivos, material discográfico, Concello de Cerdedo Cotobade instrumentos e obxectos persoais, afonda na vida dun mestre que marcou a conexión entre a tradición dos vellos gaiteiros e as novas xeracións.

Óscar Ibáñez explica á exposición

Óscar Ibáñez explica á exposición / FdV

A continuación, no exterior da Casa do Pobo, o alcalde e o presidente da Comunidade de Montes descubriron unha placa coa denominación de “Praza de Ricardo Portela” pasando ese lugar a levar, a partir de agora, o nome do insigne gaiteiro.

Durante a xornada tamén se descubriu unha escultura coa silueta dunha gaita realizada en ferro polo escultor Jorge Senra e doada pola empresa Ingeniería y Montajes Rías Bajas, representada no acto por Jacobo Farto.

Pola súa banda, o presidente da Comunidade de Montes, Ernesto Filgueira, agradeceu a colaboración de todas as persoas e entidades implicadas na organización da homenaxe e confesou, visiblemente emocionado, que este foi o seu último acto como presidente da entidade despois de 25 anos de traballo.

Placa da nova praza do gaiteiro

Placa da nova praza do gaiteiro / FdV

O alcalde Jorge Cubela tamén quixo agradecer a implicación de todos os participantes e o apoio da Deputación de Pontevedra nesta iniciativa.

Durante a súa intervención salientou que “se hai un símbolo que nos identifica como pobo, ese é a gaita”, e reafirmou o seu compromiso, tanto como alcalde como deputado provincial de Cultura, de continuar promovendo e poñendo en valor a cultura galega e as súas tradicións.

Estatua na memoria de Ricardo Portela

Estatua na memoria de Ricardo Portela / FdV

Ricardo Portela, nado en Viascón, foi considerado un dos grandes intérpretes da gaita galega e creador dun estilo propio que continúa vivo no xeito de tocar de numerosos gaiteiros da actualidade. Mestre de mestres, destacou tamén pola súa fonda sensibilidade musical e polo seu compromiso coa preservación da cultura tradicional galega.

O peche o acto correu a cargo dunha actuación dos grupos de gaita Boa Vila e Canón de Pau.

Tracking Pixel Contents