Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Correlingua

Pontevedra ten o corazón en galego

Vinte centros escolares da cidade e da área metropolitana abarrotaron as rúas en prol do uso do galego

As rúas de Pontevedra gritaron en galego con motivo do Correlingua

Gustavo Santos

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Miguel Salgado Reboreda

Miguel Salgado Reboreda

Pontevedra

As rúas de Pontevedra gritaron en galego con motivo do Correlingua. Coma se fosen afeccionados dun club deportivo, centos de nenos e nenas de todas as idades saíron con carteis e defenderon a utilización da lingua galega. Cunha palabra no peito, «afouteza» ou «bolboreta» entre as máis empregadas, cada alumno manifestouse en público nunha mañá cargada de simbolismo, defensa do valor propio e moito orgullo rexional. A celebración deste ano tivo como lema «Co galego no corazón, facemos revolución», unha proposta do alumnado de 1º de Padaría e Pastelaría do CIFP de Vilamarín que resultou gañadora entre máis de 190 propostas.

Dende a mañá, varios centros da área, un total de vinte entre escolas e colexios, foron congregándose na Alameda pontevedresa para a realización da actividade. Estudantes de infantil e primaria da cidade e concellos próximos coma Vilaboa, O Grove, Meis, Ponte Caldelas, Barro, Portas e Vilagarcía de Arousa. Puntuais, ás 11.00 horas, estudantes e docentes, acompañados por axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil, arrincaron a súa andaina por toda a zona vella da Boa Vila. Alameda, praza de España, Michelena, praza da Peregrina, Cobián Roffignac, César Boente e praza de Curros Enríquez foron algúns dos puntos que máis de cincocentos escolares transitaron na media hora extensa de percorrido.

Tras a chegada de todos os centros participantes (IES de Ponte Caldelas, CEIP Manuel Cordo Boullosa, CPI do Toural, CPI Domingo Fontán, IES Armando Cotarelo Valledor, CPI de Mosteiro - Meis, CEIP Conmeniño, IES de Barro, CEIP Praza de Barcelos, IES A Xunqueira, CEEPR Amencer Aspace, CEIP Manuel Vidal Portela, CEIP San Martiño, CEIP Santo André de Xeve, IES Luís Seoane, IES Frei Martín Sarmiento, CEIP Daría González García, CEP Marcos da Portela, CEP Campolongo e CEE Pontevedra), leuse o manifesto desta edición da actividade.

O escrito final foi o resultado dos obradoiros «Desata a lingua», impartidos polas escritoras María Lado, Lucía Aldao e Antía Yáñez e celebrados en 2025, nos que participaron alumnas e alumnos do IES Antón Fraguas e do IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela; do CPI Virxe dos Remedios, de Castro Caldelas; do IES Xermán Ancochea Quevedo, da Pobra de Trives; do IES Sanxillao, de Lugo; do IES do Camiño, de Palas de Rei; do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, de Ribadeo; do IES Eduardo Pondal, de Ponteceso; do IES Isidro Parga Pondal, de Carballo; do IES do Milladoiro, do Milladoiro; do CPI de Mosteiro, de Meis; do IES Alfonso X O Sabio, de Cambre; e do IES Xograr Afonso Gómez, de Sarria.

Os encargados de poñerlle música á festa, a maiores dos gaiteiros e tamborís que encabezaron a andaina, foron o grupo Sniff & Crash, cun concerto cheo de enerxía no que Yago Ray, Denís Carballás, Diego Fernández, Bruno Costas e Anxo Paz puxeron a banda sonora a unha xornada moi especial.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents