MAC MARÍN
O Cine Club Marín inicia a súa andadura co ciclo dedicado a figura de Chano Piñeiro
Cineclub Marín iniciará oficialmente a súa actividade pública coa celebración das Xornadas arredor da figura de Chano Piñeiro, un ciclo especial de cinema e coloquio hoxe e mañá no salón de actos da Biblioteca Pública de Marín. O evento constitúe a primeira actividade organizada polo novo cineclub impulsado pola Asociación Marín de Cine, entidade adicada á divulgación do cinema e ao audiovisual na Vila.
As xornadas estarán centradas na figura do cineasta Chano Piñeiro, pioneiro do cinema galego contemporáneo e autor de obras fundamentais para a historia do audiovisual realizado en lingua galega. O obxectivo da iniciativa é achegar ao público a importancia cultural e patrimonial da súa filmografía a través da proxección de Mamasunción e Sempre Xonxa, seguidos dun coloquio abertos á participación.
Un dos grandes atractivos do ciclo será a presenza da actriz Uxía Blanco, protagonista de Sempre Xonxa, quen regresará a Marín poucos días despois de terse anunciado a súa participación como integrante do xurado oficial do MAC MARÍN 2026. A actriz participará na sesión do venres 22 de maio compartindo co público lembranzas da rodaxe e unha reflexión arredor do legado artístico e humano de Chano Piñeiro.
Tamen se contará coa participación do crítico cinematográfico e membro da Academia Galega do Audiovisual, Severiano Casalderrey, que igualmente formará parte do xurado da próxima edición do MAC MARÍN.
- Muere un joven de Soutomaior en una salida de vía en Ponte Caldelas
- Un velero de 29 metros de eslora intervenido al narcotráfico y custodiado en la Escuela Naval, a subasta en Pontevedra
- Los derribos de edificaciones ilegales en la comarca caen a la mitad en un año
- La «parcela de los circos» tendrá dos miradores y un bosque autóctono
- Un día entero de yoga en Pontevedra: clases, charla, picnic y concierto en la Illa do Covo
- Una parada militar en su base de Pontevedra conmemora los 60 años de la Brilat
- San Salvador de Poio sumará otro supermercado, en las cercanías de A Barca
- El Festival de Jazz y Blues de Pontevedra ya tiene fecha y primer gran nombre internacional