Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

17 de maio

Unha comarca volcada coa lingua

A creación literaria en galego centrou os actos celebrados na comarca de Pontevedra co gallo do 17 de maio

Poio, Marín e Sanxenxo entregaron os premios dos seus respectivos certames

Feira do Libro Usado, este domingo na Alameda de Marín.

Feira do Libro Usado, este domingo na Alameda de Marín. / GUSTAVO SANTOS

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Pontevedra

A comarca de Pontevedra celebrou durante toda a fin de semana o Día das Letras Galegas con actos centrados na lingua e na figura da homenaxeada deste ano, a escritora e xornalista Begoña Caamaño, e nos que a creación literaria en galego foi a protagonista.

Na celebración en Marín, a concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, destacou a importancia do 17 de maio como unha data para reivindicar o uso e o coidado do galego, así como o seu valor identitario e cultural. Durante o acto entregáronse os premios do certame municipal de poesía e narrativa curta, que nesta edición estivo dedicado á poesía e recibiu máis de 50 propostas. O xurado, formado polos poetas Ismael Ramos, Tamara Andrés e Silvia Penas, concedeu o primeiro premio, dotado con 1.000 euros, á poeta María Álvarez, Masha, polo poemario «Outros contiños de Canterbury». O accésit, dotado con 200 euros e incorporado como novidade este ano, foi para Antón de Dios Riveiro.

Feira do Libro Usado, onte na Alameda de Marín. | GUSTAVO  SANTOS

Foto de familia dos premiados no Concurso Literario Xaime Illa Couto en Poio. / GUSTAVO SANTOS

A alcaldesa, María Ramallo, felicitou as persoas premiadas e reivindicou «o momento de vitalidade» que vive a literatura galega, no marco da programación da Vila das Letras.

Na vila houbo, ademais, obradoiros para nenos, música e, na Alameda, a Feira do Libro Usado «Unha dorna de libros, un mar de ilusion».

Premiados no Certame Literario Os Picariños de Sanxenxo. | FDV

Premiados no Certame Literario Os Picariños de Sanxenxo. | FDV

Concurso Xaime Illa en Poio

Tamén en Poio houbo entrega de premios á creación literaria. Os galardóns do Concurso Literario Xaime Illa Couto, organizado pola SCD Raxó en colaboración co Concello co gallo das Letras Galegas, recoñeceron na categoría de 6 a 8 anos a Lucía Arias Vilas e Pablo Calvo Rodríguez. Na categoría de 9 a 11 anos, recaeron en Eva Rodríguez Hand e en Rubén Barral Villanueva.

A categoría dirixida a participantes de 12 a 13 anos, recoñeceu a Aitana Martínez Alonso e a Irene Rey Redondo. Pola súa banda, Samuel Cochón Alonso foi o gran protagonista da categoría de 14 a 15 anos.

Na categoría de 16 a 17 anos, resultaron premiadas María Ferreiro Pérez e Alba Pérez Casais. Finalmente, na categoría para maiores de 18 anos, os recoñecementos foron para Emilio Pulido Fraiz e Aránzazu Vaqueiro González.

O acto rematou coa interpretación do himno galego a cargo da Escola de Música Tradicional de Poio.

Nenas do CEIP Domingo Fontán de Portas na Festa da Lingua de Caldas. | FDV

Actuación de Os Piñeiriños, en Sanxenxo, na gala das letras. / FdV

Os Picariños de Sanxenxo

O Círculo Cultural Deportivo e o Concello de Sanxenxo convocaron o Certame Literario Os Picariños Mestre Hermida para alumnado de Primaria 2026. Os gañadores no Primeiro Ciclo desta edición foron Roi Macías, Iván Cereijo, Marcelo Zubiría, Lucas García, Martín Garea e Mía Padín. No Segundo Ciclo recoñeceuse a María Juviño, Cayetana Martínez, Iker Lorenzo, Sara Masib, María Juviño, Gala Montes e Lina Montes. Por último, no Terceiro Ciclo resultaron premiados Carmen Miguéns, Alba Pérez, Bianca Peña, Víctor Thalles, Alba Pérez e Paula Padín. Os premios entregáronse no pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo.

Unha comarca volcada coa lingua | FDV

Nenas do CEIP Domingo Fontán de Portas na Festa da Lingua de Caldas. / GUSTAVO SANTOS

Festa da Lingua no Umia

Por outra banda, o aparcadoiro da Tafona, en Caldas de Reis, reuniu arredor de 1.200 escolares e máis de cen docentes da comarca do Umia nunha festa arredor da promoción e defensa da lingua galega. Na xornada actuou o grupo The Rapants, facendo da Festa da Lingua un referente comarcal.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents