17 de maio internacional
Nottingham celebra as Letras Galegas con cervexa, chourizos e pementos
Un pub da cidade inglesa, o «Kilpin», conmemora por terceiro ano consecutivo a festa da lingua
O impulsor da iniciativa é o «manager» do negocio, o pontevedrés Julio Sanmamed

Julio Sanmamed xunto a Flips, Amy e Daz, no pub Kilpin de Nottingham. / FdV
Imaxinan estar de viaxe en Inglaterra e entrar nun pub e ver un cartel no que se invita a celebrar o Día das Letras Galegas (Galician Literature Day)? Pois no «Kilpin» de Nottingham foi posible, e por terceiro ano consecutivo.
Trátase dunha iniciativa que ten detrás a un galego, como non podía ser doutro xeito. Julio Sanmamed, de Pontevedra, leva vivindo na cidade inglesa dende hai máis de 20 anos. Chegou a ela no verán de 2004, con menos de 30 anos, e dende entón, sempre con Galicia na súa mente, traballa no sector da hostalaría.
E precisamente ese amor pola súa terra foi o que o levou a participar nunha homenaxe á lingua no 17 de maio. Con este van tres anos e sempre en colaboración con cervexa Estrella Galicia, acompañada dalgunha tapa típica como o chourizo, os pementos ou as olivas.
O tirón de Estrella Galicia
«Durante todo o ano temos un grifo de caña de Estrella Galicia, que, por certo, se convertiu nunha das máis populares do pub», explica Julio Sanmamed a FARO, que engade que no «Kilpin» teñen 25 grifos de cervexa, de aí que sexa un lugar moi frecuentado polos amantes desta bebida.
«Ademáis, dende hai tres anos, por esta data poñemos un barril de 1906, Special Reserve, e algún plato galego no noso menú habitual», conta.
Entre a curiosidade dos clientes por probar cousas novas e a grande aceptación que a marca galega de cervexa se asegura sempre alá onde vai, o 17 de maio resulta ser sempre un éxito neste pub inglés que, en certo modo, xa ten unha irmandade coa Boa Vila.
Pero isto non queda aquí, xa que «de cara ao 25 de xullo, Día de Galicia, xa estamos preparando algo no que Estrella estará involucrada», avanza o pontevedrés.
Julio Sanmamed leva cinco anos traballando no «Kilpin» e como «manager» (encargado), tres. Ademais de terse especializado no mundo da cervexa, fabrica xunto cun amigo a súa propia sidra, a Langar Cider.
Suscríbete para seguir leyendo
- Muere un joven de Soutomaior en una salida de vía en Ponte Caldelas
- El embalse del Pontillón de Pontevedra llega a las puertas del verano con el menor nivel desde 2022
- Una parada militar en su base de Pontevedra conmemora los 60 años de la Brilat
- Los Premios Gastroculturales reconocen a ocho referentes de Pontevedra
- El legado de Valle-Inclán se queda para siempre en el Museo de Pontevedra después de casi tres años de negociaciones
- El cuadro de Castelao «A derradeira leición do mestre» pone rumbo de Argentina a Pontevedra
- Sesenta años de la Brilat: la unidad militar muestra su día a día a los ciudadanos de Pontevedra en su aniversario
- Pontevedra, los que van a morir te saludan