17 de Maio
Falar, cantar, aprender, xogar... en galego
A Festa da Lingua volveu repetir éxito en Pontevedra co gallo da programación local polo Día das Letras Galegas. Tradición e idioma déronse a man para lograr que as novas xeracións defendan un dos patrimonios máis importantes de Galicia. As actividades polo 17 de maio continúan este domingo na cidade e na comarca.

Concerto de punk infantil, na rúa Serra. / GUSTAVO SANTOS
O futuro da lingua galega está nos nenos. Partindo desta premisa indiscutible, Pontevedra acolleu este sábado unha nova edición da exitosa Festa da Lingua, organizada pola Asociación Cultural A Pedreira en colaboración co Concellopolo 17 de maio, Día das Letras Galegas.
As familias gozaron de actividades que se desenvolveron na rúa Serra, nas inmediacións do Mercado, entre xogos e música, porque non hai nada mellor para manter a lingua viva que falala, cantalarla, aprendela e ata xogar con ela.
A cooperativa de mulleres Sororas.Gal cautivou a grandes e pequenos cunha amplísima oferta de xogos populares. Así, ao aire libre e sen novas tecnoloxías, como lembran as avoas e os avós, os rapaces pasaráno en grande cos zancos, os aros, lanzando pezas á boca das ras, co tres en raia, cos cubos sensoriais de diferentes cores e texturas, xogos de mesa, canas de pescar, esquís de madeira... Tamén houbo espazos «de calma» para os nenos máis tranquilos, con libros e cascos para aillarse do ruido xeral.

Uso dos esquís para tres persoas. / Gustavo Santos
Detrás desta cooperativa da localidade de Vila de Cruces están tres mulleres: Nerea Fiuza (comunicadora audiovisual e profesora de pandeireta), Paula Rivela (axente de igualdade e historiadora) e Carlota Salgado (música e artista plástica). A igualdade está sempre presente nas súas propostas, de aí que sexan as creadoras do xogo «Sororas na memoria», que recupera a dez mulleres galegas da historia, como María Pita, Maruja Mallo ou Exeria.

Nenos e maiores animáronse a xogar en galego. / Gustavo Santos
Música e manifestación
A música da Festa da Lingua correu da man de Baris das Hortas e Peter Punk, pero tamén houbo actuacións de Foula e Polavila.
Ademais, dende a Praza da Peregrina partiu a marcha en defensa da lingua galega, coa que se animou aos máis novos a defender este patrimonio inmaterial dun xeito festivo polas rúas do centro de Pontevedra.
Como complemento a esta acción, produciuse un reparto de libros viaxeiros, animando a todo o mundo a ler en galego.

Manifestación en defensa da lingua con reparto de libros viaxeiros. / GUSTAVO SANTOS
A Festa da Lingua forma parte do programa «Maio, mes da lingua» do Concello de Pontevedra. A vindeira cita será o xoves, 21 de maio, co Correlingua, que percorrerá a Boa Vila coas verbas que os nenos visibilizaran na súa carreira.
Por outra banda, este domingo no Museo de Pontevedra haberá un contacontos con Suricata Teatro ás 12.30 horas para público familiar sobre Begoña Caamaño, a autora homenaxeada este ano.

O cubo sensorial, para aprender cores e texturas. / Gustavo Santos
Marín, Poio e Sanxenxo
Nos principais concellos da comarca de Pontevedra tamén se ofrecen diferentes actividades polo 17 de maio. En Poio os actos se concentrarán este domingo no Centro Cultural Xaime Illa, mentres que en Marín a Alameda será o punto neurálxico dunha feira do libro, un obradoiro de ilustración, contacontos... En Sanxenxo, terá lugar o Festival das Letras Galegas de Portonovo, no estacionamento do mercado de abastos, ás 19 horas.
Suscríbete para seguir leyendo
- Muere un joven de Soutomaior en una salida de vía en Ponte Caldelas
- Un velero de 29 metros de eslora intervenido al narcotráfico y custodiado en la Escuela Naval, a subasta en Pontevedra
- Los derribos de edificaciones ilegales en la comarca caen a la mitad en un año
- La «parcela de los circos» tendrá dos miradores y un bosque autóctono
- Un día entero de yoga en Pontevedra: clases, charla, picnic y concierto en la Illa do Covo
- Una parada militar en su base de Pontevedra conmemora los 60 años de la Brilat
- El embalse del Pontillón de Pontevedra llega a las puertas del verano con el menor nivel desde 2022
- El orgullo de barrio que llega a la élite: el Monte Porreiro representará a Pontevedra en Superdivisión