17 de Maio - Días das Letras Galegas
Pontevedra celebra a Festa da Lingua
Non basta un só día ao ano para celebrar unha lingua, pero é importante lembrar que a súa perda é moito máis que a desaparición de verbas: é a dunha identidade propia dun valor incalculable. A cidade celebra estes días o 17 de maio cunha festa para que o galego permaneza en uso, xa que o maior valor dun idioma é que se fale.

Concerto «A 3 Bandas» na Praza da Ferrería, coa participación de centos de persoas. / GUSTAVO SANTOS
O Concerto das Letras Galegas «A 3 Bandas», unha das citas destacadas da programación de «Maio, mes da lingua», foi o encargado de abrir os actos polo 17 de maio en Pontevedra, que hoxe celebra a Festa da Lingua na xornada previa ao Día das Letras Galegas, este ano adicado á obra de Begoña Caamaño (1964-2014).
A actuación musical na Ferrería xuntou distintas formacións vinculadas ao Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga e á Unión Musical de Tenorio nun recital ao aire libre no que participaron arredor de 200 alumnos e alumnas e un coro infantil de 50 voces.
No concerto interviron a Banda I do CMUS Manuel Quiroga xunto ao coro infantil, baixo a dirección de Miguel Dopazo e Nanette Sánchez; a Banda II do CMUS, dirixida por José Pérez; e a Banda de Música Unión Musical de Tenorio, coa dirección de Claudio Clemente Valente dos Santos Leite.
Xogos, música, marcha...
O escenario para a celebración a nivel local será este sábado a rúa Serra, ante o Mercado, e no caso de que chova, no interior deste.
Organizada pola asociación cultural A Pedreira coa colaboración do Concello de Pontevedra, ofrece un programa que comezará as 11.30 horas con xogos populares, mentres que ás 12.30 horas haberá un concerto punk infantil con Brais das Horts e Peter Punk.
Ás 13 horas terá lugar unha ruada pola zona monumental con Foula, son saída da Praza de Abastos, mentres que ás 13.30 horas tocarán as pandereteiras de Quireza.
Ao mediodía haberá un xantar popular para o que é preciso inscribirse. Inclúe tamén un serán.

O concerto tivo lugar na Praza da Ferrería de Pontevedra. / Gustavo Santos
A manifestación en defensa da lingua galega partirá ás 18.30 horas con solta de «libros viaxeiros» en galego.
O peche da Festa da Lingua 2026 porao un concerto de Polavila e unha foliada.
O domingo, propio 17 de maio, o Museo de Pontevedra celebrará o Día das Letras Galegas cunha sesión de contacontos ás 12.30 horas a cargo de Suricata Teatro. A proposta, baixo o título «Begoña Caamaño: a tecedora de historias», achega a vida e obra da escritora e xornalista a toda a familia.
Na comarca de Pontevedra
Todos os concellos da comarca de Pontevedra ofrecen estes días actividades pola lingua. Así, en Poio se concentrarán no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, este sábado cun obradorio creativo a partir das 18.30 horas, e o domingo cun acto ás 17.30 horas coa entrega dos premios do XXXIV Concurso Literario Xaime Illa Couto, un relatorio e actuación da Escola de Música Tradicional de Poio.
En Marín, as actividades repartiránse todo o sábado entre o Museo Torres, a Biblioteca Vidal Pazos e a Alameda. O domingo, ademais, esta última acollerá a Feira do Libro usado.
En Sanxenxo, o sábado ás 16.30 horas no Auditorio Emilia Pardo Bazán haberá un espectáculo musical. O domingo, o Festival dás Letras Galegas de Portonovo, no estacionamento do mercado de abastos, ás 19 horas.
Suscríbete para seguir leyendo
- Muere un joven de Soutomaior en una salida de vía en Ponte Caldelas
- Un velero de 29 metros de eslora intervenido al narcotráfico y custodiado en la Escuela Naval, a subasta en Pontevedra
- Los derribos de edificaciones ilegales en la comarca caen a la mitad en un año
- La «parcela de los circos» tendrá dos miradores y un bosque autóctono
- Un día entero de yoga en Pontevedra: clases, charla, picnic y concierto en la Illa do Covo
- Una parada militar en su base de Pontevedra conmemora los 60 años de la Brilat
- San Salvador de Poio sumará otro supermercado, en las cercanías de A Barca
- El Festival de Jazz y Blues de Pontevedra ya tiene fecha y primer gran nombre internacional