Letras Galegas
Vilaboa inclúe contacontos, teatro e outras actividades, na súa Semana das Letras
Son cinco xornadas con propostas pensadas especialmente para a cativada e a mocidade
O Concello de Vilaboa arrinca unha nova Semana das Letras, unha programación cultural que coincide coa celebración do Día das Letras Galegas e que enche o municipio de actividades pensadas especialmente para a cativada e a mocidade. Contacontos, teatro, música e propostas de animación á lectura daranse cita na Casa da Cultura de Riomaior e na Biblioteca Municipal ao longo de cinco días nos que a lingua e a creación serán as protagonistas.
A iniciativa, impulsada pola Concellaría de Cultura, forma parte do programa «Ler Conta Moito» da Rede Galega de Bibliotecas e busca reforzar o vínculo da veciñanza máis nova coa literatura, o teatro e a expresión artística, ao tempo que promove espazos de encontro e participación comunitaria.
A programación inclúe propostas tan recoñecidas como Contos con Xeito de Bea Campos, Biblicanta da Cabra Montesina con Erea Mora ou a peza teatral O segredo da Biblioteca, da compañía Trémola Teatro, todas elas dirixidas ao público infantil e familiar.
Desde o Concello destacan que esta Semana das Letras «é unha aposta decidida por achegar a cultura ás familias, por fortalecer o uso da lingua galega e por ofrecer alternativas de ocio educativo que axudan a medrar en comunidade».
César Poza, alcalde e concelleiro de Cultura, destaca a importancia de organizar actividades ligadas á literatura infantil para fomentar o hábito lector entre os máis pequenos de xeito que relacionen ocio e lectura, un xeito lúdico de formar unha sociedade crítica, analítica e esixente.
- El embalse del Pontillón de Pontevedra llega a las puertas del verano con el menor nivel desde 2022
- El buque escuela Juan Sebastián de Elcano afronta su centenario con renovadas tecnologías y honores
- El festival Surfing the Lérez dirá adiós después de 15 años
- Los Premios Gastroculturales reconocen a ocho referentes de Pontevedra
- El legado de Valle-Inclán se queda para siempre en el Museo de Pontevedra después de casi tres años de negociaciones
- De la Sala Karma a 40.000 personas: la historia del Surfing the Lérez antes de decir adiós
- Relevo joven y apoyo desde Suiza para reabrir una tintorería de medio siglo en Pontevedra
- Nueve detenidos en Sanxenxo, Poio y Vilaboa por tener montado un «bazar» de sustancias ilegales