Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Vila das Letras encherá Marín de literatura e cultura galega para celebrar o 17 de maio

O Concello lanza a programación completa do evento literario, no que estarán David Gago, Pedro Feijoo, Alba Tomé, Olaia Sendón e María Solar

Un dos cartaces da VIla das Letras

Un dos cartaces da VIla das Letras / FdV

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

R. P.

Marín

O Concello de Marín presenta unha nova edición da Vila das Letras, un evento que entre o 14 e o 17 de maio converterá á vila nun fervedoiro de creatividade, literatura e posta en valor da nosa lingua.

Cunha programación deseñada para todos os públicos, a cita contará con diversas voces da narrativa galega actual, obradoiros de creación e diversas actividades de dinamización cultural.

A programación arrincará o xoves 14 na Finca de Briz cunha actividade organizada polos centros escolares do Carballal, da Laxe, O Grupo e o Sequelo baixo o título “Versos que florecen”, que contará coa actuación do Grupo Armadanzas.

Na tarde do venres 15 a Alameda será o epicentro co contacontos infantil Anxo Moure, que abrirá a xornada con “O Carballo con Botas”, e despois escritor marinense David Gago conversará con Miguel González nun percorrido polos seus dez libros. Gago é un autor fundamental na cultura local, impulsor da asociación DeLetrea e creador da saga de ficción El Diario de Ertélion

Xa ás 20.00 horas Pedro Feijoo falará co xornalista Ramón Mella sobre a súa traxectoria, onde Galicia serve como inspiración narrativa. Feijoo, recoñecido autor de thrillers de éxito como "Os fillos do mar" e gañador do Premio Xerais 2023, presentará o seu universo creativo marcado por atmosferas inquietantes e o seu traballo máis recente, Donde nacen las bestias. A xornada pechará ás 21.00 horas coa música tradicional de Saljariteiros.

O sábado destaca pola diversidade de espazos e actividades formativas. Elena Gallego Abad impartirá o obradoiro “Rachando titulares na era da desinformación”, baseado na obra e no traballo xornalístico de Begoña Caamaño, en dúas sesións, ás 10.00 e ás 16.00 horas, no Museo Torres para as que é preciso inscribirse previamente a través do mail alcaldia@concellodemarin.es indicando nome, apelidos e idade. A mañá incluirá o obradoiro “Fai a túa páxina de papel” con Eulogio Rosales e o contacontos “A tecedora de historias” de Suricata Teatro na Biblioteca Vidal Pazos.

Haberá tamén presentacións literarias. Ás 12.00 horas Alba Tomé presentará "As humidades", obra finalista do Premio Illa Nova que explora a violencia invisible e o pasado familiar, e unha hora despois Olaia Sendón achegará o seu proxecto "Tras da mirada de José Suárez", acompañado da instalación “Perpetuando”, no que as persoas que se acheguen poderán recrear as fotografías máis coñecidas do artista galego sobre o que falará a autora.

Pola tarde, ás 18.00 horas, Claudia Prado realizará o contacontos e obradoiro de "La vida que se da". Para o obradoiro, pensado para nenos a partir de 4 anos, será imprescindible estar acompañado dun adulto e inscribirse in situ 15 minutos antes do inicio da actividade. María Solar presentará ás 19.00 horas a novela "As malas ideas". Periodista e coordinadora de Cultura da CRTVG, é unha das autoras máis queridas e premiadas de Galicia, galardoada co Premio Xerais de Novela 2022 por "A culpa". Estará acompañada por Elena Gallego. A música de Nelson Quinteiro pechará a xoernada na Alameda.

O domingo, 17 de maio: Día das Letras Galega, terá actividades durante todo o día: de 11.00 a 20.00 horas haberá a feira do libro usado “Unha dorna de libros, un mar de ilusión” organizada polas Mulleres Intercambio do Saber O acto Institucional: será ás 12.00 horas tcoa a entrega do XXIII Premio de Poesía do Concello de Marín. O xurado reúnese esta semana e o fallo darase a coñecer o 14 de maio.

Para os máis cativos haberá un obradoiro de ilustración con Chus Rojo e unha performance de radio da editorial Cuarto de Inverno sobre a vida de Begoña Caamañó, onde se repartirán exemplares de "Begoñísima" da autora local Andrea Nunes Brión. Pola tarde está programado o contacontos “As letras que voan con nome de muller” de Trémola Teatro e o concerto da Banda de Música de Marín, cun peche tradicional de queimada.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents