Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín
Uxía Blanco, Severiano Casalderrey e Adolfo Caamaño forman o xurado
A actividade funcionará como punto de partida do novo «Cineclub Marín» para consolidar unha programación estable todo o ano
A Asociación Marín de Cine presenta maña sábado ao do xurado da V edición da Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín. O acto estará encabezado polo director do certame, Dani Antelo, xunto aos elexidos: a actriz Uxía Blanco, o académico e crítico cinematográfico Severiano Casalderrey e o profesor, poeta e escritor Adolfo Caamaño.
Tras a presentación institucional, Marín de Cine organizará unha charla-coloquio aberta ao público arredor do presente e futuro da produción audiovisual galega en lingua galega, nun encontro moderado polo propio Dani Antelo. A actividade funcionará ademais como punto de partida do novo «Cineclub Marín», unha iniciativa coa que a asociación busca consolidar unha programación estable de cinema ao longo de todo o ano.
Este primeiro ciclo arrancará nas semanas posteriores á celebración das Letras Galegas coa proxección de dous títulos fundamentais da historia do audiovisual galego: ‘Mamasunción’ e ‘Sempre Xonxa’. A organización dará a coñecer proximamente os horarios e localizacións definitivas das exhibicións, que aspiran a contar co Novo Auditorio Municipal como principal espazo anfitrión co apoio do Concello de Marín.
- Muere un motorista en un accidente en Barro
- Un velero de 29 metros de eslora intervenido al narcotráfico y custodiado en la Escuela Naval, a subasta en Pontevedra
- El Camiño do Litoral, cien kilómetros para peatones y ciclistas por la costa pontevedresa
- Los derribos de edificaciones ilegales en la comarca caen a la mitad en un año
- San Salvador de Poio sumará otro supermercado, en las cercanías de A Barca
- Un día entero de yoga en Pontevedra: clases, charla, picnic y concierto en la Illa do Covo
- El Festival de Jazz y Blues de Pontevedra ya tiene fecha y primer gran nombre internacional
- Muere un joven de Soutomaior en una salida de vía en Ponte Caldelas