Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A música en galego entre a Xeración Z, materia de estudo na Facultade de Comunicación de Pontevedra

Un grupo de estudantes constata no campus pontevedrés o interese da mocidade pola escea musical galega más urbana

Unha actuación de Boyanka Kostova

Unha actuación de Boyanka Kostova / Jesús Prieto

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Pontevedra

O consumo de música en galego está a vivir unha idade de ouro entre o público máis novo. Lonxe de ser un fenómeno minoritario ou ancorado unicamente na tradición, as listas de reprodución da Xeración Z en Galicia están cada vez máis marcadas por artistas locais que exploran os sons urbanos, o trap, o hyperpop e a electrónica. Tras constatar e analizar esta tendencia no contorno universitario da cidade, un grupo de estudantes do campus de Pontevedra lanzou @devagar.mp3, un proxecto dixital vinculado á materia de Relacións Públicas do Grao en Publicidade e RelaciónsPúblicas da Universidade de Vigo en Pontevedra.

“Decatámonos de que a percepción xeral ás veces vai un paso por detrás da realidade. Nos corredores da facultade, nas festas ou nas redes sociais da nosa xeración, a música en galego está máis presente ca nunca grazas a artistas da nova escena urbana como 9LOURO, LG1DO ou Boyanka Kostova. O que faltaban eran espazos de divulgación dinámicos, cunha estética e unha linguaxe feitas por e para a xente nova”, explica Sara López López, alumna que participa no proxecto académico.

En lugar de basearse en métricas tradicionais, o equipo detrás da campaña utilizou o propio campus de Pontevedra como un termómetro sociolóxico. A análise das tendencias de consumo cultural entre os seus compañeiros foi o detonante para crear unha plataforma que non só recomenda música, senón que busca facer comunidade ao redor destes novos referentes.

O proxecto @devagar.mp3 convida a todos os amantes da música, e a aqueles que queiran descubrir os sons que están a marcar o ritmo da rúa en Galicia, a unirse á súa comunidade dixital e apoiar o talento local emerxente.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents