Landriña, a mascota para promover a lingua galega en Caldas
A asociación Carracedo Fala impulsa unha campaña co alumnado da escola da parroquia

Landriña, na Igrexa de Carracedo / FdV
R. P.
A asociación cultural Carracedo Fala de caldas acaba de presentar a súa mascota Landriña. A figura, para a que o colectivo xa ten pensadas diferentes campañas de promoción da parroquia, representa unha landra, o froito do carballo, que é a árbore máis representativa deste enclave caldense.
Dan man de Landriña, e con motivo da proximidade do Día das Letras Galegas, a asociación cultural levará a cabo, en colaboración co Centro Rural Agrupado (Escola Infantil), unha campaña de promoción da lingua galega entre o alumnado.
Repartiranse debuxos e adhesivos de Landriña co lema “O galego vive en ti” e organizarase unha visita á escola para que os rapaces e rapazas coñezan de primeira man a historia da mascota. Ademais tamén abrirá a outros nenos e nenas da parroquia a posibilidade de conseguir merchandising e debuxos desta nova figura.
“Nun momento en que o galego perde falantes a pasos axigantados, e tendo en conta que a asociación ten nos seus estatutos a promoción da lingua, pensamos que promover o seu uso dende a infancia é o que pode garantir a súa supervivencia”, sinalan dende Carracedo Fala.
A asociación entende que “as letras galegas son tamén a lingua e queremos que todos os nenos e nenas aprendan a querela e valorala”. Ao longo deste mes o colectivo cultural tamén levará a cabo outras iniciativas que dará a coñecer nas vindeiras semanas.
- Pontevedra y Sanxenxo se quedan fuera de las ayudas de la Xunta para socorristas este verano
- Atascos en la AP-9 en Pontevedra por un accidente bajo el puente de A Barca
- Protesta contra la retirada de la balaustrada del paseo de Silgar este viernes
- Muere Gabi Ben Modo, símbolo del Teucro y referente del balonmano gallego
- O nos sacan a la fuerza o no salimos de nuestras casas', advierten los vecinos de San Mauro
- El PP de Pontevedra admite que la tasación de la Xunta por las expropiaciones de San Mauro son 'precios impropios
- El histórico edificio Varela de Pontevedra tendrá un uso turístico y contará con 17 apartamentos
- El dispositivo para La Vuelta Femenina se exhibe en Pontevedra