Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Vinte alumnos

O Concello impulsa o obradoiro de emprego «Poio verde e sostible»

Poio

O Concello de Poio impulsa o obradoiro de emprego «Poio verde e sostible», unha iniciativa que permitirá formar a 20 alumnos-traballadores durante un período de nove meses en actividades auxiliares de conservación e mellora de montes.

Este programa dual de emprego e formación está dirixido a persoas desempregadas e combina aprendizaxe teórica e práctica en actuacións de utilidade pública. O obxectivo é mellorar a cualificación profesional das persoas participantes e facilitar a súa inserción no mercado laboral.

Ao longo do obradoiro, o alumnado adquirirá experiencia en tarefas vinculadas á conservación ambiental, a prevención de incendios e a recuperación de infraestruturas verdes. Ademais, levaranse a cabo actuacións de restauración nos xardíns do Pazo Besada.

A iniciativa conta cun financiamento de 501.552 euros por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, destinados a sufragar os custos de formación profesional para o emprego.

Tracking Pixel Contents