Vilaboa
Figueirido celebra hoxe a súa comida de confraternidade
O campo da festa de Figueirido acolle hoxe domingo a IV Comida de Confraternidade organizada na parroquia pola Comunidade de Montes e a Asociación de Veciños San Andrés, coa colaboración do Concello.
O xantar e a animación musical, a cargo do trío Armonía, son a escusa das entidades organizadoras para celebrar cada ano un encontro que busca favorecer a convivencia entre a veciñanza de Figueirido, un obxectivo que tamén se reforza co recoñecemento a unha persoa que destaque pola súa achega vital ou social á comunidade.
O nome da persoa galardoada este ano será desvelado antes do xantar, ás 14.00 horas, momento no que a organización lle fará entrega dun agasallo. O pasado ano o recoñecemento recaeu en José Acuña, pola súa contribución ao desenvolvemento da parroquia, e na edición de 2024 na persoa máis lonxeva de Figueirido, José Portela Canosa, que xa cumprira cen anos.
- A juicio en Pontevedra por apropiarse de la herencia de 400.000 euros de su hijo de 10 años
- Atascos en la AP-9 en Pontevedra por un accidente bajo el puente de A Barca
- El PP de Pontevedra admite que la tasación de la Xunta por las expropiaciones de San Mauro son 'precios impropios
- La nueva vida de Ana Paz en Nueva Zelanda: entre la hostelería y la creación de contenido
- El histórico edificio Varela de Pontevedra tendrá un uso turístico y contará con 17 apartamentos
- «Gallegos de mierda», «os voy a matar»: los insultos que acabaron en detención durante un control de alcoholemia en Pontevedra
- Tres heridos, uno de ellos excarcelado, en un accidente múltiple en Marín
- Remontada de campeonato